Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de xullo de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Laura.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e abonados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Laura.

Cultivo: mexillón.

Localización: Cangas D, cuadrícula 30.

Data da concesión: 7-6-1979 (BOE 180).

Data do remate da última prórroga: 28-7-1999.

Anterior concesionario: Manuel Seoane Franco e Lucía Martínez Cortegoso.

Novo titular da concesión: José Antepazo Pena, DNI 35.910.839 e Josefa Paredes Juncal, DNI 76.831.346.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 7 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

6009