Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1997 pola que se anuncian, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as seguintes contratacións: asistencia técnica para a restauración do retablo maior da igrexa de San Pedro de Correxais en Vilamartín de Valdeorras (Ourense), asistencia técnica para a restauración do retablo maior da igrexa de San Pedro de Cudeiro (Ourense), subministración de dúas fotocopiadoras dixitais (dous lotes) e proxecto de rehabilitación e posta en valor da ponte de Villestro, en Santiago de Compostela.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as contratacións seguintes:

-Restauración do retablo maior da igrexa de San Pedro de Correxais en Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Orzamento de licitación: tres millóns duascentas mil pesetas (3.200.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

-Restauración do retablo maior da igrexa de San Pedro en Cudeiro (Ourense).

Orzamento de licitación: tres millóns trescentas cincuenta mil pesetas (3.350.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

-Adquisición de dúas fotocopiadoras dixitais (dous lotes).

-Orzamento de licitación: sete millóns de pesetas (7.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Lote I: tres millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (3.650.000 ptas.) IVE incluído.

Lote II: tres millóns trescentas cincuenta mil pesetas (3.350.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) días.

Fianza provisional: cento corenta mil pesetas (140.000 ptas.).

-Proxecto de rehabilitación e posta en valor da ponte de Villestro, en Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: once millóns oitocentas oitenta e cinco mil trescentas corenta e catro pesetas (11.885.344 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposicións dos pregos: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo , haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso da terceira contratación, a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para tódolos lotes ós que opten os licitadores.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

6008