Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Laxe (Chantada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Laxe (Chan

tada-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 66/1989, do 13 de abril, o seguinte:

Primeiro.-Con data 27-6-1997, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Laxe (Chantada-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Chantada e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla 197-1º), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facendo constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 21 de xullo de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Lugo

6269