Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 18 de agosto de 1997 Páx. 7.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 1 de agosto de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, anunciados pola Orde do 2 de xuño de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia pola Orde do 2 de xuño de 1997 (DOG nº 117, do 19 de xuño de 1997), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15º 4 e de conformidade co disposto no artigo 27º 2 da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería acorda:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se describe no anexo desta orde, adxudicándolles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14º do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse, acto seguido, os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería, conforme o previsto no artigo 110º 3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

-Nº R.P.: 3492795457 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: González Torres, Manuel.

Posto de traballo: secretario xeral.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: secretaría xeral.

-Nº R.P.: 5080273913 A2053.

Grupo: C.

Apelidos e nome: Álvarez Fernández, Roberto.

Posto de traballo: xefe de sección, personal e habilitación.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: secretaría xeral.

6203