Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1997 polo que se anuncia concurso mediante procedemento restrinxido para a contratación do apoio técnico para supervisión de proxectos (número 7).

Obxecto: apoio técnico para supervisión de proxectos.

Importe: 8.640.000 ptas.

Anualidades:

-1997: 1.080.000.

-1998: 4.320.000.

-1999: 3.240.000.

Aplicación orzamentaria: 5001.2223.621.6.

Sistema de execución: concurso restrinxido.

Forma de tramitación: urxencia.

Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de solicitudes: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do sétimo día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Selección de candidatos: entre as solicitudes presentadas, o órgano de contratación seleccionará un mínimo de cinco técnicos, ós que invitará a presenta-la súa oferta, de acordo coa cláusula 5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse en man, en sobre pechado, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da invitación a participar no concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 23-7-1997)

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

6364