Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto de asistencia sanitaria que se cita.

O director xeral de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 16.2 do Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 41), acorda darlles publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de servicios sanitarios ós beneficiarios da Seguridade Social.

Adxudicatario: Fundación Hospital Verín.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94.2 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1997.

Antonio Fdez.-Campa Garia-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

6357