Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 29 de xullo de 1997 pola que se modifica a do 23 de xuño pola que se convocan bolsas para favorece-la investigación no campo dos estudios xacobeos.

En virtude do disposto na Orde de 23 de xuño de 1997 (DOG do 3 de xullo, corrección de erros do 7 de xullo) convocábanse 25 bolsas para favorece-la investigación no campo dos estudios xacobeos e concedíase un prazo de 10 días hábiles para presenta-la documentación. Co fin de favorece-los

principios de publicidade e concorrencia, considérase oportuno amplia-lo prazo de presentación de solicitudes.

En consecuencia, de conformidade co disposto na Lei 1/83, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/88, de 20 do outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de bolsas para participar no III Congreso de Estudios Xacobeos. Este prazo será de 10 días hábiles a partir da publicación da presente modificación no DOG.

Disposición derradeira

Primeira.-Facultase a xerente de Promoción do Camiño de Santiago para dictar no ámbito das súas competencias as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6093