Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1997 pola que se nomea o presidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

Celebradas as eleccións e ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e segundo o disposto no artigo 37 da orde desta consellería do 28 de maio de 1997, trala proposta do Consello Regulador electo reunido en pleno en sesión constitutiva, e polas atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Noméase presidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega a Maximino Viaño García.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

6259