Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 14 de agosto de 1997 Páx. 7.933

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

O apartado 1º do artigo 5º do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o apartado 3º do citado decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Con ocasión das recentes eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, foron nomeados novos representantes nos consellos, autonómico e provinciais, de Servicios Sociais, polo que en aplicación do disposto no artigo 5º do Decreto 336/1994, do 27 de outubro,

RESOLVO:

Nomear vocais, titulares e suplentes, dos consellos de Servicios Sociais, en representación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, as seguintes persoas:

-Consello Galego de Servicios Sociais:

Titular: Mª Concepción Rancaño Osorio.

Suplente: Mª Jesús Santos Santos.

-Consellos provinciais de Servicios Sociais:

A Coruña.

Titular: Nuria Valiño Rodríguez.

Suplente: Amparo Varela Ramos.

Lugo.

Titular: Mª José Castro Álvarez.

Suplente: Eladio de Vicente Fernández.

Ourense.

Titular: Mª Jesús Santos Santos.

Suplente: Ángeles Penedo Pita.

Pontevedra.

Titular: Ángeles Penedo Pita.

Suplente: Mª Jesús Santos Santos.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6211