Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na zona da Sagrada Familia.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O97/44.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na zona da Sagrada Familia.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.840.308 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 296.806 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: veintiseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulales.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas na zona da Sagrada Familia.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 17 de xuño de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6315