1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.
b) Número de expediente: O97/45.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa da Franxa.
Prazo de execución: catro meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 62.695.588 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 1.253.912 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Sucopia, S.L. b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131. c) Localidade: 15010 A Coruña. d) Teléfono: (981) 26 70 64. e) Fax: (981) 14 13 15. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 5, categoría b. Grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo I, subgrupo 1, categoría b.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: veintiseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulales.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (oferta económica, documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación da rúa da Franxa.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 16 de xuño de 1997.
O alcalde
P.D.
Rubricado
6313