Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río das Balsadas, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A27.1030 (17/038/9).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río das Balsadas, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Lugo e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol (Lugo).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copia da petición.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Industria e Comercio: r/ Pascual Veiga, 12 e 14, 27002 Lugo.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Lugo. r/ de Santo Domingo, 5-6ª planta, 27001 Lugo.

* Concello de Ourol. r/ Estrada xeral, s/n 27865 Ourol, Lugo.

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian a realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente del organismo autónomo Aguas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

-Peticionario e promotor: Concello de Ourol.

Enderezo: r/ Estrada xeral, s/n, 27865 Ourol, Lugo.

Representante: alcalde-presidente do concello.

Denominación do aproveitamento: A H. no río das Balsadas.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 900 l/s.

Corrente de derivación: das Balsadas.

Tramo ocupado (cotas): 393-300 m.

Desnivel: 93 m.

Altura do azude: 5 m.

Potencia: 679 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: Concello de Ourol (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 20 m (cota de coroación 395 m). Presenta un vertedoiro de labio fixo, con limiar á cota de 393 m e unha lonxitude de vertido de 12 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes e no esquerdo un desaugadoiro de fondo e a tubería de toma.

A obra de toma está somerxida e a arrincada, similar ó desaugadoiro de fondo, encóntrase no propio azude e presenta unha reixa protectora para evita-la entrada de corpos estraños.

O acceso ó azude efectuarase directamente desde a estrada que cruza o río das Balsadas á cota de 400 m, aproximadamente.

-Tubería de derivación.

A tubería de derivación esténdese na marxe esquerda do río das Balsadas e ten unha lonxitude de 600 m e está enterrada, fabricada en material de aceiro ó carbono e ten 800 mm de diámetro.

-Tubería forzada.

La tubería forzada está unida directamente á de derivación e ten unha lonxitude de 500 m e un diámetro de 700 mm e está fabricada en material de aceiro ó carbono.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 7 m x 9 m, que se sitúa próximo a Moscallos. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese aproveitar un camiño existente que une as aldeas de Machuco e Moscallos para acceder á propia central.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución. A cota de restitución ó leito é a 300 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por turbina Francis de eixe horizontal e 1.000 r.p.m. para un caudal

de 0,9 m/s e un salto de 85,5 m (potencia de 679 kW); o xerador é asíncrono de 650 kW de potencia.

-Transformador de 800 kVA e elevación de 0,66 kV a 15/20 kV.

-Equipos auxiliares.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

5859