Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Figueiras, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A27.1820 (18/017/7/1).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Figueiras, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras, e faise consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que correspondan, e a relación de propietarios afectados. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.d. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º. do dito R.d. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.d. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Lugo e de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Mondoñedo (Lugo).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copia da petición.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Industria e Comercio: r/ Pascual Veiga, 12 e 14, 27002 Lugo

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Lugo. R/ de Santo Domingo, 5-6ª planta, 27001 Lugo.

* Concello de Mondoñedo. R/ Alfonso VII, 31, 27740 Mondoñedo, Lugo

O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

-Peticionario e promotor: Aglomerados E.C.A.R., S.A.

Enderezo: Avda. Eladio Lorenzo, 37-43, 27740 Mondoñedo, Lugo.

Representantes: José Luis Lorenzo Artiaga e Ramón Salgueiro Abad.

Denominación do aproveitamento: A. H. da central de Figueiras.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal: 1.000 l/s.

Corrente de derivación: Figueiras.

Tramo ocupado (cotas): 350,5-73,04 m.

Desnivel: 277,46 m.

Altura do azude: 5,5 m.

Potencia: 2.281 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras: concello de Mondoñedo (Lugo).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación de 45 m (cota de coroación 353 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se encontra á cota de 350,5 m, cunha lonxitude de vertido de 17 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes, un desaugadoiro de fondo e a obra de toma.

O acceso ó azude realizarase utilizando a pista que accede ás casas da Coutada e utilizando o trazado por onde discorre a canle existente que será substituído por unha tubería enterrada sobre a que se construirá unha plataforma.

A obra de toma sitúase transversalmente no seu estribo dereito mediante un orificio circular. A cámara de sedimentación consiste nun cilindro de 1,5 m de diámetro e 10 m de lonxitude.

-Conducción de derivación.

A tubería de derivación que discorre enterrada sobre a explanación existente e a antiga canle pola marxe dereita é de fibrocemento de 1.000 mm de diámetro e ten unha lonxitude de 1.800 m. O final desta conflúe cunha cheminea de equilibrio e coa tubería forzada.

-Tubería forzada.

A tubería forzada de aceiro proxéctase cun diámetro de 900 mm e cunha lonxitude de 680 m, discorrendo sobre macizos de ancoraxes construídos con formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 9,5 m x 10,4 m e 6,5 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado e prevese un camiño de acceso desde o lugar de Ferreira, realizando un trazado de nova apertura ata a central.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución de 10 m de lonxitude, de aliñación recta, cunha sección de 1,5 m de largo e 1 m de altura, recuberta e construída en formigón. A cota de desaugamento é de 73,02 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 1 m/s e un salto de 268,81 m (potencia de 2.400 kW); o xerador é síncrono de 2700 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Transformador de 3.000 KVA e elevación de 6 KV a 15/20 KV.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os propietarios afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes, os que a seguir se indican na seguinte relación aportada polo promotor:

Jesús González Bouza.

José González Fernández.

Josefa Fernández Yáñez.

Herdeiros de Florentino Losada Rico.

Herdeiros de Leandro Ares González.

Herdeiros de Sofia Fernández Sanchez.

Herdeiros de Leandro Ares González.

Herdeiros de Florentino Losada Rico.

Herdeiros de Ricardo Redondas Rey.

Herdeiros de Florentino Losada Rico.

Herdeiros de Ramón Barro González (Daniel).

Remedios Carreiras Palacios.

Alicia Valoria Rico.

Herdeiros de Fortunato Lorenzo Carballeira.

Encarnacion Pérez Novas.

José Valora Rico.

Filomeno Valoria Rico.

Antonio Díaz Pérez.

Caridad López Ares.

Herdeiros de Belisario Bajatierra Montero.

Herdeiros de Pilar Caselas Rubiños.

José Valoria Rico.

Luis González Redondo y Hermanos.

Josefa López Ares.

Consuelo Artiaga Barro.

Adolfo Fernández Rejes.

Elena Valoria Rico.

Herdeiros de Feliciano Bouso López.

Herdeiros de Fortunato Lorenzo Carballeira.

Pedro García Ares.

María del Pilar Fernández Vidal.

Herdeiros de Florentino Losada Rico.

Isabel Pérez Bouso.

Adolfo Fernánez Rejes.

Ceferino García Chao.

Alejandro Cortiñas Otero.

Alejo Cortiñas Otero.

Juan García Ares.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

6263