Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 agosto de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan.

-Título do proxecto: C-LU-97.05 reparación de caiños en Outeiro de Rei.

Orzamento: 10.000.000.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

-Título do proxecto: N-LU-87.1.1 nova obra de fábrica sobre o río Sarria. C-535 Becerreá a Vendas de Narón.

Orzamento: 51.784.913.

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo o disposto no artigo 36 da Ley 13/1995, de contratos das administracións públicas e procedemento administrativo común e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 da Lei 13/1995, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 4 de agosto de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

5958