Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/41-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Toural (Xinzo de Limia).

Situación: O Toural (Xinzo de Limia).

Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV de 190 m, en conductor R.H.V. 95, derivada desde o apoio 6 da L.M.T. circunvalación de Xinzo de Limia e remata no C.T. proxectado en inmediacións do polideportivo de Xinzo de Limia cunha potencia de 1.000 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Liña soterrada a 20 kV de 350 m en conductor R.H.V. 150 AL, derivada desde a L.M.T. de C.T. praza a C.T. Toural e rematará no apoio 3 da L.M.T. circunvalación a Xinzo de Limia.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5957