Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/45-3).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Diez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. da Piúca (Maceda).

Situación: A Piúca, concello de Maceda.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 502 metros de lonxitude, en conductor LA 56, derivada desde o apoio 10 da L.M.T. a C.T. da Piúca, e remata

no C.T. proxectado na Piúca (Maceda), cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20 kV/380-220 V, e rede de baixa tensión de 50 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de xullo de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5930