Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/55-2-4735 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Diez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. a C.T. de Vilarvacú.

Situación: Quiroga.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, en conductor L.A.-56/54,6 mm AL, cunha lonxitude de 4.016 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en Vilarvacú, concello de Quiroga.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de xuño de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5929