Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso da asistencia técnica para a mellora da rede ferroviaria de Galicia, primeira fase, por procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicataria: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

a) Organismo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a mellora da rede ferroviaria de Galicia. Primeira fase.

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 7.660.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 153.200 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas que rexen o concurso poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV. Na Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 94.

e) Telefax: (981) 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.

b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso de asistencia técnica de mellora da rede ferroviaria de Galicia. Primeira fase».

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5954