Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997 pola que se ordena publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Por Orde do 6 de marzo de 1997 (DOG nº 57, do luns 24 de marzo de 1997) convócase o premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, co fin de recoñecer e recompensa-los méritos de todas aquelas institucións, asociacións ou entidades culturais que dediquen unha parte significativa da súa actividade á revitalización e promoción do Camiño de Santiago, contribuíndo así ó coñecemento e divulgación do significado histórico, relixioso e cultural da Ruta Xacobea.

O artigo 4º da citada orde establece que o premio será outorgado por un xurado presidido polo conselleiro de Cultura e Comunicación Social ou persoa en quen delegue e integrado polo presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, por dous membros nomeados polo Comité e os presidentes das catro primeiras asociacións inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

De acordo co citado artigo 4º, as decisións do xurado serán inapelables e daranse a coñecer mediante publicación no DOG e por comunicación directa ó galardoado.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo único.-Ordeno publica-la decisión do xurado do premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

O citado xurado, reunido en Santiago de Compostela o día 23 de xullo de 1997, acordou concede-lo premio Elías Valiña ó esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago, ó proxecto presentado pola asociación Amigos de los Pazos.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6092