Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 12 de agosto de 1997 Páx. 7.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se resolve, con carácter definitivo, a convocatoria de axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua (Capítulo 3 do Programa Sócrates).

Realizados os trámites derivados da resolución provisional desta convocatoria, e de conformidade coa Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 16 de xaneiro de 1997), pola que se convocaban axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua.

Esta dirección xeral resolveu, con carácter definitivo:

Primeiro.

Concederlles axudas ós profesores de linguas estranxeiras que aparecen relacionados no anexo I, pola contía en pesetas correspondente ós ecus que se indican en cada caso, con cargo ós fondos do programa Sócrates, Lingua, Acción B.

Segundo.

Excluí-las solicitudes e denega-las axudas ós profesores relacionados no anexo II desta resolución, por algunha das seguintes causas, correspondentes

ós apartados que se citan, da orde de convocatoria do 16 de decembro de 1996:

1ª Non estar impartindo na actualidade o idioma para o que solicita a actividade de formación e / ou non ter tres anos de docencia en linguas estranxeiras. Apartado segundo.1.1.

2º Ter desfrutado dunha axuda da Acción I do Programa Lingua nas dúas convocatorias anteriores ou dun reintegro económico individual de gastos para asistir a actividades de formación durante o ano 1996 ou durante 1997. Apartado segundo.2.a) e b).

Terceiro.

1. O pagamento efectivo da totalidade da axuda farase á persoa interesada unha vez realizada a actividade. Para iso, remitirá os seguintes documentos á Agencia Sócrates. (Bravo Murillo 38. Madrid 28015), dentro dos vinte días naturais seguintes á finalización da actividade:

a) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia ó curso no que se especifiquen as datas de realización e o número total de horas lectivas.

b) Fotocopia compulsada das facturas ou documentos que xustifiquen a inscrición e os gastos do curso, nos que se especifique o importe do gasto realizado.

c) Declaración da persoa interesada manifestando se é ou non beneficiaria doutra axuda ou bolsa procedente de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional, con especificación, se é o caso, da contía e finalidade.

2. Os beneficiarios remitirán, así mesmo, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de FP (San Lázaro 107, Santiago de Compostela 15711) unha copia dos seguintes documentos:

a) Cuestionario debidamente cuberto segundo modelo que figura no anexo III desta resolución, ó que deberá xunta-lo programa do curso.

b) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia e o número total de horas lectivas.

c) Declaración da persoa interesada manifestando se é ou non beneficiaria doutra axuda ou bolsa procedente de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional, con especificación, se é o caso, da contía e finalidade.

3. Calquera alteración das condicións tidas en conta para as concesións das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

4. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a comunicar canta información lles sexa requirida polo organismo competente, quedando sometidas ás actuacións de control financeiro que corresponda

á Intervención Xeral da Administración do Estado e ás de comprobación que poida efectua-lo Ministerio de Educación y Cultura.

Cuarto.-Contra a presente resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes, recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO I

RELACIÓN DE PROFESORES SELECCIONADOS

PROGRAMA SÓCRATES, LINGUA, ACCIÓN B.

CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN

Datos para estatística

Datos xerais do participante (sinale o que corresponda):

* Tipo de ensino:Público,Privado,Concertado

* Institución educativa á que pertence: PRIMARIA, 7º-8º EXB, BUP, IFP, ESO, EOI

Outras: (especifique)

* Cargo que ocupa no Centro: director/a, xefe de estudios, secretario/a, profesor/a titor/a

* Idade: 20-29 30-39 40-49 máis de 49* Sexo: M F

* Número de anos de experiencia docente:

* Número de anos de experiencia como profesor de idiomas:

* Número aproximado de cursos, seminarios, grupos de traballo relacionados co idioma ós que asistiu:

Datos xerais do curso

* Aloxamento: (sinale o que corresponda)

Familia

Residencia

Outros: (especificar)

* ¿Xestionou vostede mesmo o aloxamento ou foi xestionado polo centro organizador?

* Horario: (acompañe un programa ó cuestionario)

* Actividades extraescolares: (especifique as que realizou e que formaban parte do programa do curso).

6062