Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración Tributaria ou a que as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:
Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente arriba indicado, acordou:
«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
Alicante, 14 de marzo de 1997.
José Juan Carmona Martínez
Xefe da Dependencia de Recadación
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe F. Pro. Ap.
Goldesur, S.A. Golosinas del Sur
r/ Buenavista, 45
Alicante Causa ausencia Notif. ausente
A03213162
Sanción Exp.: 1993/OR375 Liq.: 008961000
C1100096150042307 60.000 13-5-1996
Recursos.
Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.
Motivos de impugnación.
O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).
-Pagamento ou extinción da débeda.
-Prescrición.
-Aprazamento.
-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.
-Defecto formal no título expedido para a execución.
Suspensión do procedemento.
O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).
Solicitude de aprazamento.
Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.
A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da A.E.A.T. do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.
Lugar de pagamento.
Na entidade que presta o servicio de caixa na Delegación de Administración da A.E.A.T.
Xuros de demora.
As cantidades debidas, excluído o recargo de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
Custas.
En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor,
conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
Prazos para efectua-lo ingreso.
(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).
A) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediatamente hábil posterior.
B) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.
Comparecencia en forma do interesado.
Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio, sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substantivación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.
4899