Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a execución dunha rede de sumidoiros en Codeseda, no concello da Estrada. Prazo de execución: seis meses.
Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa. Tipo de licitación: 27.959.320 ptas. Garantía provisional: 559.186 ptas. Garantía definitiva: 1.118.373 ptas.
Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, tel. 57 01 65, extensión 43. Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Estrada, de 9 a 13 horas. Documentos que se presentarán. Sobre 1.-Documento xustificativo da personalidade (declarado bastante, se é o caso). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar constituída a fianza provisional. Xustificante de alta no IAE. Xustificante da cualificación do contratista, no grupo E, sub
grupo I, categoría C. Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo. A apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Estrada, 23 de xullo de 1997.
O alcalde
Rubricado
4904