Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Oitavén ou Xiesta, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.
No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento
para os efectos de expropiación forzosa ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.
Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñece mento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no
encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.
O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.
Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Pontevedra e de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas do Concello da Lama, Ponte-Caldelas e Fornelos de Montes (Pontevedra).
Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documen
tación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:
-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.
* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.
* Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: Rúa Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra.
* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.
-Estudios de efectos ambientais.
* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47-3ª planta, 36071 Pontevedra.
* Concello da Lama: r/ Avda. José Antonio, 1, 36830 A Lama, Pontevedra.
* Concello de Ponte-Caldelas: r/ Avda. de Galicia, 17, 36820 Ponte-Caldelas Pontevedra.
* Concello de Fornelos de Montes: r/ Praza da Igrexa, 1, 36852 Fornelos de Montes, Pontevedra.
O pagamento do importe deste anuncio, así como das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente de Augas de Galicia
ANEXO
Relación de peticionarios
Peticionario e promotor: Manuel García Vilela.
Enderezo: Covas-Abades, 36584 Silleda, Pontevedra.
Denominación do aproveitamento: C.H. de Portela Cavadiña.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal : 3.000 l/s.
Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.
Tramo ocupado (cotas): 573-405 m.
Desnivel: 168 m.
Altura do azude: 7 m.
Potencia: 4.244 kW.
Termo municipal onde se sitúan a toma e demais obras:
Concello da Lama (Pontevedra)
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude de derivación e obra de toma.
O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 40 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota de 573 m, cunha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma, na parte central do azude un desaugadoiro de fondo e no esquerdo unha escala para peixes.
Utilizaranse como accesos os camiños existentes.
A obra de toma, na marxe dereita, presenta unha cámara de sedimentación de 9,9 m de largo por 4 m de largo. Esta cámara está provista dun vertedoiro que permite elimina-los caudais excedentes.
-Canle de derivación.
A canle discorre a media ladeira cunha lonxitude total de 1.530 m. A súa sección interior é rectangular de 1,70 m de base por 1,60 m de altura.
Esta canle está pechada por enriba, discorrendo o camiño de servicio sobre a propia canle.
-Cámara de carga.
A canle desemboca nunha cámara de carga de 15 m de lonxitude por 4 m de largo e uns 3 m de altura.
-Tubería forzada.
A tubería forzada é de palastro de 1.100 mm de diámetro e 12 mm de espesura, a súa lonxitude é duns 372,7 m.
-Central.
Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 18,3 m x 12,2 m. A estructura do edificio é de formigón.
-Canle de desaugamento.
A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso da turbina ó río, cunha lonxitude de 10,40 m, e a súa sección é rectangular de 4,00 m x 2,00 m. A cota de desaugamento é a 405 m.
-Equipos electromecánicos.
Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:
-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis de eixe horizontal, 750 r.p.m. para 1,5 m/s e un salto de 163,86 m (potencia de 2.122 kW cada unha); o xerador é asíncrono 2.500 kVA, 6 KV de tensión e 750 r.p.m.
-Dous transformadores de 3.300 kVA, relación de transformación 6.000/20.000 V.
-Equipos auxiliares.
* Afeccións:
Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:
PREDIOS PROPIETARIOS AFECC.
POL. Nº PAR. CONCELLO NOME E APELIDOS SUP.M
8 33 A LAMA MANUEL BARREIRO ALDIR 20 8 34 A LAMA DIGNA MAª AMORIN PIÑEIRO+2 30 8 35 A LAMA LUCITA CAL PÉREZ+3 60 8 36 A LAMA EMILIA SÚAREZ SÚAREZ 70 8 37 A LAMA EDUVIGES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 120 8 38 A LAMA ALSIRA CASTRO COTA 20 8 39 A LAMA OBDULIA ASPERA HERMIDA 40 8 41 A LAMA MANUEL VARELA MOREIRA 50 8 42 A LAMA MARÍA VARELA MOREIRA 60 8 46 A LAMA RAIMUNDO VILAN PÉREZ 32 8 47 A LAMA DIGNA Mª AMORIN PIÑEIRO+2 36 8 48 A LAMA REGINA PIÑEIRO CENDÓN+2 38 8 49 A LAMA REGINA PIÑEIRÓN CENDÓN 20 8 50 A LAMA EDUVIGES RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 18 8 51 A LAMA OLGA GONZÁLEZ GONZÁLEZ 20 8 52 A LAMA EMILIA SUÁREZ SUÁREZ 18 8 53-a A LAMA HERALDO CAMIÑA SUÁREZ 340 8 119 A LAMA OBDULIA DOVAL CAL 32 8 120 A LAMA OLINDA SUÁREZ HERMIDA 38 8 121 A LAMA MARÍA VARELA MOREIRA 44 8 122 A LAMA MANUEL CAL PERDIZ 48 8 123 A LAMA DIGNA Mª AMORIN PIÑEIRO+2 44 8 124 A LAMA SALADINA PIÑEIRO CAL 40 8 125 A LAMA ALSIRA CASTRO COTA 39 8 126 A LAMA AGRIPINA VILLAR PÉREZ 40 8 127 A LAMA OBDULIA DOVAL CAL 30 8 128 A LAMA HERALDO CAMIÑA SÚAREZ 38 8 130 A LAMA MANUEL CAL FERREIRA+5 31 8 131 A LAMA AGRIPINA VILÁN PÉREZ 24 8 132 A LAMA HERCULINA AMOEDO CABIRTA 18 8 133 A LAMA REGINA PIÑEIRO CENDÓN 18 8 134 A LAMA ÁLVARO CAMIÑA S-N 20 8 135 A LAMA ISOLINO COSTAL LOIS 28 8 136 A LAMA SALADINA PIÑEIRO CAL 30 8 137 A LAMA ELVIRA SUÁREZ S-S 28 8 138 A LAMA EMILIA CAMIÑA SUÁREZ+2 28 8 139 A LAMA EMILIA SUÁREZ SUÁREZ 28 8 140 A LAMA SALADINA PIÑEIRO CAL 28 8 141 A LAMA AMANDA ASPERA TRIGO 28 8 142 A LAMA REGINA PIÑEIRO CENDÓN+2 30 8 143 A LAMA AGRIPINA VILÁN PÉREZ 38 8 778 A LAMA MONTE VECIÑAL PQ XENDE 3.440 8 902 A LAMA VALENTINA S-P S-N 2.980 8 920 A LAMA MONTE VECIÑAL PQ XIESTA 14.200
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.
Peticionario e promotor: Hidrofreixa, S.L.
Enderezo: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama, Pontevedra.
Representante: Julio A. Bernárdez Piñeiro.
Denominación do aproveitamento: C.H. de Moledo.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal : 4.000 l/s.
Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.
Tramo ocupado (Cotas): 185,5-30 m.
Desnivel: 155,5 m.
Altura do azude: 11,5 m.
Potencia: 4.800 KW.
Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:
Concellos de Ponte-Caldelas e Fornelos de Montes (Pontevedra).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude de derivación e obra de toma.
O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito de 180 m (uns 470 m augas abaixo da presa de Eiras) cunha lonxitude de coroación aproximada de 43,4 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota de 185,5 m, cunha lonxitude de vertido de 22 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma e un desaugadoiro de fondo.
O azude presenta, na marxe dereita, unha toma de sección rectangular de 3,7 m x 2,2 m e, a continuación, unha transición desde o azude ata a canle de 10 m de lonxitude e 3,70 m de largura.
-Canle de derivación.
A conducción realízase mediante unha canle de sección trapezoidal, cunhas dimensións interiores de 2 m de alto, 1,70 m de base inferior e 1,90 m de base superior, que discorre a media ladeira e ten unha lonxitude total de 4.320 m.
-Cámara de carga.
Situada ó final da canle, ten unhas dimensións en planta de 16 m x 8 m, sendo a súa altura de 4 m. Presenta comporta á entrada da canle, escorredoiro de 10 m de lonxitude, comporta na arrincada da tubería e desaugadoiro de fondo.
-Tubería forzada.
A tubería forzada é de chapa de aceiro helicosoldada cun diámetro interior de 1.300 mm e unha lonxitude de 421 m.
-Central.
Proxéctase un edificio con cota de soleira de 34 m, de planta rectangular, de dimensións 29,2 m x 12 m e 8 m de altura e sendo a súa estructura de formigón armado. O acceso farase alargando o camiño que vai ata Moledo.
-Canle de desaugamento.
A descarga proxéctase mediante dúas canles de restitución de 2,5 m de largo cada un desde o foso de turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 30 m.
-Equipos electromecánicos.
Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:
-Dous grupos xeradores xemelgos formados por unha turbina Francis de eixe horizontal, 1.000 r.p.m. para 2 m/s e un salto de 147 m (potencia de 2.400 kW. cada unha); o xerador é síncrono 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.
-Dous transformadores de 2.500 kVA, relación de transformación 6 kV/15-20 kV.
-Equipos auxiliares.
* Afeccións:
Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:
PREDIOS PROPIETARIOS AFECC.
NOME E APELIDOS ENDEREZO CONCELLO SUP. M
COMUNIDADE MONTE VECIÑAL DE CALVOS CALVOS FORNELOS DE M 500 COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE BARBUDO BARBUDO PONTE-CALDELAS 900 COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE BARBUDO BARBUDO PONTE-CALDELAS 19.300 COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE INSUA INSUA PONTE-CALDELAS 23.900 COMUNIDADE DE MONTE VECIÑAL DE INSUA INSUA PONTE-CALDELAS 2.650 FLOREANO PAZO VÁZQUEZ INSUA PONTE-CALDELAS 120 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 272 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 80 CONSUELO VÁZQUEZ AMOEDO INSUA PONTE-CALDELAS 250 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 480 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 432 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 260 JOSÉ CERNADAS INSUA PONTE-CALDELAS 90 FLOREANO PAZO GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 105 ISAURA VIDAL VÁZQUEZ INSUA PONTE-CALDELAS 80 FLOREANO PAZO VÁQUEZ INSUA PONTE-CALDELAS 120 FLOREANO PAZO GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 150 MANUEL VÁZQUEZ AMOEDO INSUA PONTE-CALDELAS 70 CARMEN LEIRO BOULLOSA INSUA PONTE-CALDELAS 240 JOSE CERNADAS INSUA PONTE-CALDELAS 75 RAFAEL TABOAS INSUA PONTE-CALDELAS 70 JOSE CERNADAS INSUA PONTE-CALDELAS 130 RAFAEL TABOAS INSUA PONTE-CALDELAS 48 JOSÉ CERNADAS SENRA INSUA PONTE-CALDELAS 30 HDOS. DE ORGE GARRIDO INSUA PONTE-CALDELAS 108 JOSE CERNADAS SENRA INSUA PONTE-CALDELAS 95
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.
Peticionario e promotor: Hidroeléctrica de Cotobade, S.L.
Representante: Camilo Pazos Solla.
Enderezo: r/ Grosa, 14, Almofrei, 36858 Cotobade, Pontevedra.
Denominación do aproveitamento: A.H. de Cortegada.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal : 2.000 l/s.
Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.
Tramo ocupado (cotas): 642-420 m.
Desnivel: 222 m.
Altura do azude: 4 m.
Potencia: 3.787 kW.
Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:
Concello da Lama (Pontevedra).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude de derivación e obra de toma.
O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito 639 m cunha lonxitude de coroación aproximada de 17 m toda ela de vertido a cota 642 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo esquerdo a obra de toma e un desaugadoiro de fondo, e no dereito unha escala para peixes.
A obra de toma, na marxe esquerda, presenta unha cámara de sedimentación, que pola súa vez, fai a función de cámara de carga.
-Conducción de derivación e forzada.
A conducción realízase mediante unha tubería de presión que discorre enterrada en toda a súa lonxitude (2.450 m). O primeiro tramo, de derivación, é de 1.600 m de lonxitude e 1500 mm de diámetro e, o segundo tramo, de 1.000 mm de diámetro, ten unha lonxitude de 850 m e corresponde á tubería de carga.
-Central.
Proxéctase un edificio á cota de explanación 421 m de planta rectangular de dimensións 13 m x 12 m e 5,8 m de altura. A estructura do edificio é de formigón armado.
-Canle de desaugamento.
A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso de turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 420 m.
-Equipos electromecánicos.
Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:
-Un grupo xerador formado por unha turbina Pelton de eixe horizontal, 458 r.p.m. para 2 m/s e un salto de 214,5 m cunha potencia de 3.787 kW; o xerador é síncrono de 3.786 kW, 6 kV de tensión e 458 r.p.m.
-Transformador de 4.500 kVA, relación de transformación 20.000/6.000 V.
-Equipos auxiliares.
* Afeccións:
Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa os que a seguir se indican cos seus propietarios:
PREDIOS PROPIETARIOS
POL. Nº PAR. CONCELLO NOME E APELIDOS
9 697 A LAMA MONTE VECIÑAL PQ XIESTA 7 902 A LAMA MONTE VECIÑAL PQ XIESTA 7 833 A LAMA VÍCTOR MARTÍNEZ CENDÓN E 2 MÁIS 7 834 A LAMA ISOLINO CENDÓN TRIGO 7 840 A LAMA MANUEL COSTAIL LOIS 7 841-a-b A LAMA ELSA AMORÍN PILEIRO E 4 MÁIS 7 842-a-b A LAMA MANUEL OUBILA OROSO E 4 MÁIS 7 851 A LAMA HERMITAS CLARO PILEIRO E 1 MÁIS 7 852 A LAMA Mª GENEROSA GARRIDO ALDIR 7 853 A LAMA ÁNGEL OUBILA OROSO E 1 MÁIS 7 854 A LAMA FLORENTINA PILEIRO CAL 7 855 A LAMA Mª GENEROSA GARRIDO ALDIR 7 856 A LAMA DIVINA ALDIR COSTAL E 1 MÁIS
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.
Peticionario e promotor: Aprovechamientos Fluviales de Asturias, S.A.
Enderezo: Velázquez, 31-2º, Madrid.
Representante: Carlos López de Toledo y Ortiz.
Denominación do aproveitamento: C.H. río Xiesta.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal : 2.250 l/s.
Corrente de derivación: Oitavén ou de Xiesta.
Tramo ocupado (cotas): 580-399 m.
Desnivel: 181 m.
Altura do azude: 5,5 m.
Potencia: 3.415 kW.
Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:
Concello da Lama (Pontevedra).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude de derivación e obra de toma.
O azude de derivación é de tipo gravidade á cota do leito 578 m cunha lonxitude de coroación aproximada de 23 m. Presenta un vertedoiro de labio fixo cun limiar á cota 580 m, e unha lonxitude de vertido de 15 m. O azude de derivación ten unha planta recta
e sitúase transversalmente ó leito, presentando no seu estribo dereito a obra de toma e un desaugadoiro de fondo, e no esquerdo unha escala para peixes.
Utilizaranse como accesos camiños existentes.
A obra de toma, na marxe dereita, presenta unha cámara de sedimentación de 12 m de longo por 4 m de largo. Esta cámara está provista dun vertedoiro que permite elimina-los caudais excedentes.
-Canle de derivación.
A canle discorre a media ladeira cunha lonxitude total de 1.500 m. A súa sección é rectangular de 1,70 m de base por 1,45 m de altura.
Esta canle está pechada por enriba, discorrendo o camiño de servicio por enriba da propia canle.
-Cámara de carga.
A canle desemboca nunha cámara de carga de 12 m de lonxitude por 4 m de largo e uns 3 m de altura.
-Tubería forzada.
A tubería forzada é de chapa soldada de 1.000 mm de diámetro e 8 mm de espesura, a súa lonxitude é duns 518 m e ten catro tramos de diferentes pendentes. Inmediatamente antes da entrada á central, bifúrcase.
-Central.
Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 16 m x 7 m. A estructura do edificio é de cantería de granito e cuberta de lousa ou tella árabe.Utilizaranse como accesos camiños existentes.
-Canle de desaugamento.
A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución desde o foso da turbina ó río perpendicularmente. A cota de desaugamento é a 399 m.
-Equipos electromecánicos.
Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:
-Dous grupos xeradores formados por dúas turbinas Francis de eixe horizontal, 1000 r.p.m.; o xerador é asíncrono 1.708 kW, 6 kV de tensión e 1.000 r.p.m.
-Transformador de 4.160 kVA, relación de transformación 6.000/20.000 V.
-Equipos auxiliares.
* Afeccións:
Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa ou imposición de servidumes os que a seguir se indican cos seus propietarios:
PREDIOS PROPIETARIOS AFECC.
POL. Nº PAR.
DENOMIN. CONCELLO NOME E APELIDOS SUP. M
8 875 SAIMAS A LAMA SALADINA GARRIDO ALDIR 1.021 8 885 SAIMAS A LAMA HERMITAS CLARO PIÑEIRO+1 559 8 886 SAIMAS A LAMA HERMITAS CLARO PIÑEIRO+1 626 8 876 SAIMAS A LAMA ELSA AMORÍN PIÑEIRO+4 552 8 884 SAIMAS A LAMA ELSA AMORÍN PIÑEIRO+4 274 8 887 CAMAREIRO A LAMA ELSA AMORÍN PIÑEIRO+4 1.344 8 M. VECINAL A LAMA COMUNIDADE V. M. XIESTA 20.000
Inscrición Rexistral da Comunidade Veciñal do Monte de Xiesta: inscrito o 30 de xuño de 1982 no tomo 134, libro 30, folio 125, predio 3.551, inscrición 1ª e única do Rexistro da Propiedade de Ponte-Caldelas (Pontevedra).
* Estudio de efectos ambientais.
Este documento xa foi obxecto de información pública e demais trámites preceptivos, sendo dictada a correspondente declaración de efectos ambientais polo órgano ambiental competente. En consecuencia, en relación á petición deste promotor terase en conta en materia de medio ambiente esta declaración na fase procedemental oportuna.
5823