Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Verdugo, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do concurso DH.A36.0 (1/298/11).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Verdugo, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios medioambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras, facendo consta-la petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para darlle cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071, Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte ó da data da publicación que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, tamén será obxecto de inserción no BOP de Pontevedra e de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casa do concello da Lama e Ponte-Caldelas (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polos peticionarios sexan descoñecidos e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copias das peticións e dos exemplares da documentación técnica e estudios ambientais para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas dos aproveitamentos e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión e copias das peticións.

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio: Rúa Nova de Abaixo, 2, 36071 Pontevedra

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente: r/ Algalia de Arriba nº 31, 15071 Santiago de Compostela.

-Estudios de efectos ambientais.

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra. r/ Benito Corbal, 47,3ª planta, 36071 Pontevedra.

* Concello da Lama. r/ Avda. José Antonio, 1, 36830 A Lama, Pontevedra.

* Concello de Ponte-Caldelas. r/ Avda. de Galicia, 17, 36820 Ponte-Caldelas, Pontevedra.

O pagamento do importe deste anuncio, así como o das anteriores actuacións realizadas neste procedemento e daquelas que se vaian realizar con posterioridade a esta publicación, serán por conta, no caso de que o houbese, do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Minicentrales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º Dereita, Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Ramallal.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 3.000 l/s.

Corrente de derivación: Río Verdugo regato e de Xaque (R. Galcira).

Tramo ocupado: 523-390 m (R. Verdugo), 525-confluencia co río Verdugo (A. Xaque).

Desnivel: 133 m (R. Verdugo).

Altura do azude: 6,5 m (R. Verdugo).

Potencia: 3.226 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concello da Lama (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma no río Verdugo.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 39 m (cota de coroación 526,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager, o labio do local se atopa á de cota 523 m, cunha lonxitude de vertido de 20 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito. O azude presenta no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo dereito xunto á toma.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo dereito onde se encontran dous bocais cadrados con comportas e reixas de grosos, a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 50 m de longo e 4 m de largo máximo. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal de entrada á tubería de derivación.

-Azude de derivación e obra de toma no regato de Xaque.

O azude de derivación é de tipo gravidade, cunha altura de 2 m e unha lonxitude de vertido de 6 m (cota de coroación e vertido 525 m).

O leito do río augas arriba do azude encóntrase recheo de material seleccionado sobre o que se coloca unha capa de cachotería. A captación realízase mediante tubos porosos que levan a auga ata unha arqueta de toma. A dita arqueta conecta coa con

ducción de derivación mediante unha tubería que dispón á súa entrada dunha válvula de peche.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 1,6 m de diámetro, que discorre enterrada na marxe dereita do río Verdugo, e está construída PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 50 m x 4,2 m e unha altura máxima de 7 m, está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4,84 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1 m de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 431,5 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Verdugo sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m, cunha a estructura de formigón con cerramento en teitume de uralita apoiada en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñeación recta e unha sección de 2 m de largo e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 390 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de eixe horizontal para caudais 2,25 e 0,75 m/s e un salto de 126,52 m (potencia de 2.420 e 806 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, e os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalacións para os fins da necesaria expropiación forzosa son os que xunto cos seus propietarios se indican a seguir:

PREDIOSPROPIETARIOS

NATUREZACONCELLONOME E APELIDOS

MONTE B.A LAMABARBOSA SOUTO, J. F.
T. LABORA LAMARODRÍGUEZ MORE, J. M.
MONTE B.A LAMASAMPEDRO FDEZ., B.
T. LABORA LAMABLANCO RODRÍGUEZ, A.
T. LABORA LAMAVÁZQUEZ VÁZQUEZ, H.
A LAMAMONTE PUBLICO

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

-Peticionario e promotor: Minicentales Asturianas, S.A.

Representante: Héctor García Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, 24-1º dereita, Oviedo, Asturias.

Denominación do aproveitamento: Central de Boca do inferno.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 7.500 l/s.

Corrente de derivación: Río Verdugo.

Tramo ocupado: 133-83 m.

Desnivel: 50 m.

Altura do azude: 8 m.

Potencia: 2.988 kW.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concello de Ponte-Caldelas (Pontevedra).

Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 46 m (cota de coroación 138 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio se atopa a cota 133 m, cunha lonxitude de vertido de 25 m. O azude de derivación ten unha planta recta e sitúase transversalmente ó leito presentando no seu estribo dereito unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo no seu estribo esquerdo xunto á toma.

A obra de toma sitúase transversalmente ó azude no seu estribo esquerdo, onde se encontran tres bocais cadrados con comportas e reixas de grosos; a continuación constitúese a cámara de decantación cunhas dimensións de 56 m de longo e 7 m de largo. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e comporta de limpeza e baleirado seguido dun bocal de entrada á tubería de derivación.

-Conducción de derivación.

A derivación realízase mediante unha tubería circular de 2,3 m de diámetro que discorre enterrada na marxe esquerda do río Verdugo, ten unha lonxitude de 2.500 m e está construída de PRFV reforzado. A auga na tubería discorre en lámina libre.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 50 m x 3 m e unha altura máxima de 3,5 m,

está parcialmente cuberta e dispón de válvula, reixa e peite limpador. Os primeiros 4 m da cámara de carga están formados por unha transición entre a tubería e o largo da cámara.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1,6 m de material poliéster reforzado cunha lonxitude de 107,57 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe esquerda do río Verdugo sobre apoios de formigón.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 19 m x 15 m, cunha estructura de formigón con cerramento en teitume de uralita apoiada en cimbre metálico.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante unha canle de restitución con aliñeación recta e unha sección de 2 m de ancho e 1 m de altura construída en formigón. A cota de desaugamento é a 83 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores formados por turbinas Francis de eixe horizontal de caudais 5,5 e 2 m/s e un salto de 46,87 m (potencia de 2.191 e 797 kW respectivamente); os alternadores son asíncronos de 5 kV de tensión de saída e 1.000 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa os que xunto cos seus propietarios a seguir se indican:

PREDIOSPROPIETARIOS

NATUREZACONCELLONOME E APELIDOS

PASTOSPONTE-CALDELASCASAS FERNÁNDEZ, M. L.
T. CULTIVOPONTE-CALDELASGARCÍA GUERRA, M.
PASTOSPONTE-CALDELASVIDAL ÁLVAREZ, F.
MONTE B.PONTE-CALDELASGARCÍA GARCÍA, J
PONTE-CALDELASMONTE PÚBLICO

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Representante: José Manuel Cortizo Soñora.

Enderezo: Lugar Extramundi, s/n, 15900 Padrón, A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica no río Verdugo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal : 6.000 l/s.

Corrente de derivación: Río Verdugo.

Tramo ocupado: 540-438 m.

Desnivel: 102 m.

Altura do azude: 9 m.

Potencia: 5.000 kVA.

Termo municipal onde se sitúa a toma e demais obras:

Concello da Lama (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude de derivación e obra de toma.

O azude de derivación é de tipo gravidade cunha lonxitude de coroación aproximada de 48 m (cota de coroación 541,5 m). Presenta un vertedoiro de perfil Creager o labio do cal se atopa á cota de 540 m, cunha lonxitude de vertido de 43,5 m. O azude de derivación ten unha planta curva e sitúase oblicuamente ó leito, formando no seu estribo dereito a embocadura da canle de derivación. O azude presenta no seu estribo esquerdo unha escala para peixes e un desaugadoiro de fondo.

A obra de toma está integrada polo estribo dereito do azude que presenta un separador de grosos, a continuación constitúese como cámara de decantación cunhas dimensións de 25 m de largo por 5 m de ancho e unha altura máxima de 9,5 m. A cámara de decantación presenta un escorredoiro lateral e unha comporta de limpeza e baleirado seguido na súa parte final de reixa e limparreixas automático.

-Canle de derivación.

A canle de derivación esténdese na marxe dereita do río Verdugo, ten unha lonxitude de 2.000 m e está construída en formigón armado cunha sección rectangular de 4 m x 1,6 m escavada no terreo a media ladeira.

-Cámara de carga.

A cámara de carga ten unhas dimensións en planta de 40,8 m x 10,8 m e unha altura de caixeiros máxima de 3,83 m, dispón de reixas, limparreixas e comporta que conecta coa tubería de carga.

-Tubería forzada.

A tubería de carga proxéctase cun diámetro de 1,25 m de aceiro cunha lonxitude de 350 m, desenvolvéndose na súa totalidade na marxe dereita do río Verdugo.

-Central.

Proxéctase un edificio de planta rectangular de dimensións 30 m x 9,7 m situado á cota de 439,2

m. A estructura do edificio é de formigón armado con cuberta de fibrocemento e tella, presentará un cerramento en bloque de formigón.

-Canle de desaugamento.

A descarga proxéctase mediante dúas canles de restitución, cunha sección rectangular construída en formigón, sendo a cota de desaugamento a 438 m.

-Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Dous grupos xeradores xemelgos formados por turbinas Francis espiral de eixe horizontal, 750 r.p.m., para 3 m/s e un salto de 99,8 m (potencia de 3.520 C.V. cada unha); os alternadores son síncronos de 2.500 kVA, 6 kV de tensión e 750 r.p.m.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, e son os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes os que de seguida se indican a seguir :

Concello da Lama

Polígono 12: parcelas 680 á 698.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

6214