Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dun servicio por concurso público, mediante procedemento aberto, para a restauración e limpeza do campamento xuvenil Illas Cíes, en Vigo (Pontevedra).

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24

do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte servicio:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 14/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: restauración e limpeza do campamento xuvenil Illas Cíes, en Vigo (Pontevedra).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 14-4-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: mil catrocentas (1.400) ptas./praza/día, co IVE engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 20-5-1997.

b) Contratista: Serunión, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: mil cento cincuenta (1.150) ptas./praza/día, co IVE engadido.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia, Muller

e Xuventude

5778