Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Toxa.

Visto o expediente incoado por Antonio Domínguez Álvarez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Toxa, outorgado pola orde ministerial do 3-6-1994, situado na cuadrícula nº 97, do polígono G de Cambados, rematando a concesión o 20-7-2004, e do que eran titulares Luis Domínguez Rey e Dolores Álvarez González.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración xudicial de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titular da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Antonio Domínguez Álvarez.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

5777