Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-EC-24/1996, LU-302/1996 e LU-EC-10/1997 devoltas polo servicio de correos por encontrarse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

No caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 7 de xullo de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Última enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción

imposta

InfrinxidoSancionador

LU-EC-24/96Genoveva Penabad Calvo

DNI: 76543697

Carballo-Galdo

Viveiro-Lugo

Non poñer ó dispor do equipo de veterinarios da campaña de saneamento o seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1996.Artigo 113 do Regulamento de epizootias, así como a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27 de abril de 1994.Artigo 219.3 do Regulamento de epizootias.100.000
LU-302/96Miguel A. Sánchez Hortas

DNI: 34982163

c/ Progreso, 202-1º D

A Rúa-Ourense

Transporta-lo día 3 de setembro de 1996 no camión matrícula OR-4612-N, cen aves desde A Rúa ata a feira de Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.Artigo 32 do Regulamento de epizootias.Artigo 212 do Regulamento de epizootias.15.000
LU-EC-10/97Guadalupe González Fernández

DNI: 34122757

A Pobra de Brollón-Lugo

Non poñer ó dispor do equipo de veterinarios da campaña de saneamento o seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de sanemaneto gandeiro de 1996.Artigo 113 do Regulamento de epizootias, así como a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27 de abril de 1994.Artigo 219.3 do Regulamento de epizootias.100.000

5831