Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/42-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. para Poboado de Iberduero en Chandrexa.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 94 metros de lonxitude, derivada desde o apoio proxectado da L.M.T. existente desde Chandrexa de Queixa a Casteloais e finalizará no C.T. proxectado aéreo en Poboado Iberduero, en Chandrexa de Queixa con 160 kVA, relación 20

kV/380-220 V. Rede de baixa tensión de 160 m en R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de xuño de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5734