Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO de 11 de xullo de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (José Ángel Navarrina Martínez e tres máis) das liquidacións por reintegros practicadas.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto notifícaselles para que no prazo que se indica seguidamente, determinado no artigo 20 do Regulamento xeral de recaudación -aprobado polo Decreto 1684/1990 do 20 de decembro-, efectúen no Tesouro da Facenda galega o ingreso da débeda tributaria polas liquidacións practicadas ós devanditos interesados e correspondentes ós conceptos, anos e contías que se citan.

Prazos para efectua-lo ingreso:

Tendo en conta que a notificación se dá por efectuada o día da publicación do presente edicto no DOG e en virtude do disposto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

A) Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15, ambos inclusive, o prazo comprenderá ata o día 5 do mes seguinte, inclusive, ou o inmediato hábil posterior.

B) Se a publicación se realiza entre os días 16 e derradeiro do mes, inclusive, o prazo comprenderá ata o día 20 do mes seguinte, inclusive ou o inmediato hábil posterior.

C) As débedas non pagadas no período voluntario faranse efectivas na vía de constrinximento, iniciándose o procedemento de acordo co establecido no artigo 97 do invocado regulamento.

Formas de realiza-lo ingreso.

-Mediante obriga de pagamento en calquera banco ou caixa de aforros autorizados (entidades colaboradoras) da delegación que practica esta liquidación.

-Na caixa desta delegación de Economía e Facenda:

1. En metálico.

2 Por cheque ou talón de conta corrente bancaria ou de caixa de aforros, conformado.

Recursos contra a liquidación.

-De reposición, no prazo de quince días, a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto, ante o Servicio de Recadación desta delegación de Economía e Facenda.

-Reclamación económico-administrativa, no mesmo prazo, perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, tratándose de tributos cedidos, ou perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia se se trata de recursos ou tributos propios da Comunidade Autónoma, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 11 de xullo de 1997.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Territorial da Coruña

Reintegros exercicios pechados

Nº liquidaciónContribuínte e enderezoCantidade

REC 0010/96José Ángel Navarrina Martínez

Ru. Fueros 11

Irún-Guipúscua

568.188
REC 011/97René Francisco Rodríguez González

Ru. José González Chas 23-1º

A Coruña

617.284
REC 0012/97Oil Trade, S.A.

Ru. Alameda de Urquijo, 62 Dta.

Bilbao

1.867.589

Reintegros exercicios correntes

Nº liquidaciónContribuínte e enderezoCantidade

RECT 007/96Celso Gómez Fernández

Ronda de Nelle, 119

A Coruña

145.720

5932