O sistema educativo está nun momento de transformación e cambio que se manifesta de maneira especial na formación profesional.
Para responder ás necesidades de cualificación dos distintos sectores productivos da nosa economía é preciso unha permanente adaptación da oferta de ensinanzas.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co ánimo de optimiza-los recursos existentes considera que é necesario o traslado das ensinanzas da familia profesional de «servicios socioculturais e á comunidade» na cidade de Pontevedra, do IES Politécnico ó IES A Xunqueira I.
Por iso, vistos os informes da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, esta, consellería,
DISPÓN:
Artigo 1º
Procédese ó traslado das ensinanzas da familia profesional de «servicios socioculturais e á comunidade» do IES Politécnico de Pontevedra ó IES A Xunqueira I de Pontevedra. Así mesmo inclúense neste traslado as ensinanzas a extinguir correspondentes á rama de «servicios á comunidade».
Disposicións derradeiras
Primeira.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Segunda.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las normas necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido nesta orde.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
5971