Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de xullo de 1997 pola que se autoriza a posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Arzúa (A Coruña).

Creado polo Decreto 119/1997, do 2 de maio (DOG do 21) o instituto de educación secundaria de Arzúa, mediante a transformación do instituto de bacharelato e o instituto de formación profesional de Arzúa nun único centro.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-la posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Arzúa, segundo os datos que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arzúa.

Localidade: Arzúa.

Denominación: instituto de educación secundaria de Arzúa.

Código do centro: 150ARZ01.

Unidades: 12 de ESO, bacharelato e formación profesional.

6064