Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da concesión Deza número 2586.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter á información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da concesión Deza nº 2586, situada no concello de Lalín, provincia de Pontevedra.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Pontevedra.

* Concello de Lalín.

3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondientes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega

do Medio Ambiente

5705