Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.686

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xerente desta universidade.

Vacante a praza de xerente da Universidade de Vigo e prevista no cadro de persoal funcionario de administración e servicios a súa cobertura mediante libre designación, cómpre inicia-lo proceso correspondente para asegura-lo correcto cumprimento dos cometidos e responsabilidades que á xerencia atribúe o artigo 115 dos estatutos.

É por isto polo que, visto o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25), polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das competencias que me recoñecen os artigos 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria e 97 dos estatutos da Universidade de Vigo, este rectorado resolveu anuncia-la convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación do posto de xerente da Universidade de Vigo, que se axustará ás seguintes bases:

Primeira.-É obxecto de provisión mediante libre designación o posto de xerente da Universidade de Vigo, do que se especifican as características de nivel, localización e grupo de adscrición no anexo desta convocatoria. O exercicio do cargo de xerente requirirá dedicación a tempo completo e a súa titularidade será incompatible co desempeño de funcións docentes e investigadoras.

Segunda.-Poderán optar á súa provisión os funcionarios de carreira, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenzan a algún corpo ou escala do grupo de clasificación A.

Terceira.-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Coa instancia debe achegarse curriculum vitae debidamente xustificado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Vigo, 11 de xullo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xerente.

Grupo: A.

Nivel CD: 30.

Localidade: Vigo.

Provisión: L.D.

6193