Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Factorías Vulcano, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Factorías Vulcano, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-6-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de xullo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Factorías Vulcano, S.A.

1996-1998

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito do presente convenio será o da empresa Factorías Vulcano, S.A. e afectará á súa factoría de Santa Tecla en Vigo, e, por extensión, a calquera lugar onde o persoal da empresa, suxeito á ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, realice os seus servicios a ela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro, que preste os seus servicios durante a súa vixencia. Queda excluído deste convenio o persoal directivo ó que fan referencia os artigos 1.3.c) e 2.1.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Vixencia.

As normas estipuladas no presente convenio rexerán a partir do 1º de xaneiro de 1996. A súa vixencia será de trinta e seis meses (1º de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1998), entendéndose prorrogado de ano en ano, a non ser que calquera de ámbalas partes solicite en forma legal a súa revisión ou rescisión con tres meses de antelación á data da súa expiración ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Causas de revisión.

Será causa suficiente de revisión do convenio, se por disposición legal se establecesen melloras na súa total contía e fosen superiores á totalidade das comprendidas no presente convenio.

Tamén será causa de recisión o incumprimento do pactado por unha das partes.

Artigo 5º.-Comisión de vixilancia.

Para a aplicación e interpretación das estipulacións do presente convenio, créase unha comisión mixta, composta por tres vocais nomeados por dirección e outros tres en representación dos traballadores, nomeados de entre os seus membros por proposta do comité de empresa, así como dous suplentes para cada representación.

Actuará de secretario, con funcións de moderador, o titular de Asuntos Sociais, ou a persoa que este designe.

A comisión informará e asesorará á dirección e ó comité de empresa, en relación coa interpretación das cláusulas do convenio, en cantas incidencias puideran producirse, co obxecto de que poidan contar cos elementos de xuízo necesarios para a máis acertada solución, sen prexuízo das facultades que de acordo co artigo 91 do Estatuto dos traballadores, corresponden á xurisdicción competente.

Se a comisión non se pronunciase por unanimidade no correspondente informe, poderá facer consta-los votos particulares coas súas correspondentes alegacións.

Artigo 6º.-Compensación de melloras.

Tódalas melloras establecidas no presente convenio poderán ser absorbidas ou compensadas cos aumentos de remuneración que no futuro puidesen establecerse por disposición legal.

Artigo 7º.-Contrato con menores.

Non se realizarán contratos de traballo con menores de 16 anos. O contrato para a formación rexerase polo previsto no artigo 11, 2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, segundo quedou redactado polo Real decreto-lei 8/1997, do 16 de maio.

Artigo 8º.-Admisión de menores.

Á hora de ingresar traballadores menores, deberán desfrutar de preferencia os fillos dos traballadores desta empresa.

Artigo 9º.-Ingresos de persoal.

Cando existan vacantes e sexa preciso cubrilas, publicaranse por medio de aviso nos taboleiros de anuncios da empresa. Á hora do ingreso e en igualdade de condicións terán preferencia os fillos de productores.

Non se admitirán xubilados doutras actividades.

Artigo 10º.-Promoción de categorías.

A promoción de categorías á que fai referencia o artigo 24 da ordenanza laboral, convocarase cada ano con obxecto de cubrir estas, sendo as probas de promoción mediante exame; os programas para as respectivas categorías e grupos profesionais

daranse a coñecer coa antelación suficiente. Das ditas probas será responsable o departamento de persoal.

Os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando cubriranse por libre designación da dirección da empresa, así como o correspondente á categoría de oficial de 1ª, letra A, do persoal obreiro.

Neste último caso, a empresa oirá previamente ó comité antes de pasar da letra B á A a un oficial de 1ª.

A empresa dispoñerá os medios necesarios para a formación do persoal existente na mesma, encamiñada á promoción de categorías.

Os exames realizaranse na segunda quincena do mes de abril, pagándose atrasos con carácter retroactivo ó 1º de abril.

Os productores maiores de 40 anos e que leven máis de 15 na categoría, poderán cubri-las vacantes que quedanse desertas no seu G.F.H., ben por non haber candidatos, ou ben porque estes non teñan superadas as probas. No caso de que houbera varios productores no G.F.H. nestas circunstancias, cubrirán as prazas os de maior antigüidade na empresa.

A empresa escoitará o comité antes de ocupa-las vacantes ás que se refire o artigo 24 da ordenanza laboral.

Capítulo II

Réxime de traballo

Artigo 11º.-Calendario laboral.

O calendario laboral basearase nunhas xornadas de 1.752 horas de traballo efectivo durante cada un dos 3 anos de vixencia deste convenio.

Durante o primeiro e segundo anos de vixencia do convenio efectuaranse os calendarios laborais que figuran nos anexos números VII e VIII, respectivamente.

O calendario laboral para o terceiro ano establecerase, de mutuo acordo por ámbalas partes, en decembro de 1997.

As ditas horas deben traballarse en todo caso, salvo en situacións de incapacidade temporal, licencias e permisos, excedencias, folga ou peche patronal.

Artigo 12º.-Xornada laboral e horario de traballo.

A xornada normal de traballo nesta empresa será a continuada de 8 horas.

O horario normal de traballo comezará ás 7 da mañá e finalizará ás 15 horas, sen interrupción para bocadillo, que se tomará sobre a marcha, de luns a venres. Para o persoal de quenda de tarde comezará ás 14 horas e finalizará ás 22 horas sen interrupción para bocadillo, que se tomará sobre a marcha, tamén de luns a venres.

O persoal técnico, administrativo e subalterno, con dereito a xornada intensiva deberán compensar ese

dereito co desfrute dunha xornada igual que a quenda normal, pero con saída ás 14.30 horas.

A fixación deste horario supón a renuncia ó período de descanso non inferior a quince minutos que para o suposto da xornada continuada determina o artigo 34.4, da Lei do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que a empresa tivese que establecer obrigatoriamente o dito período de descanso, o anterior horario ampliaríase no tempo que durase aquel.

Todo o persoal que realice a xornada en quenda de tarde percibirá o plus establecido para estes casos.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Independentemente da libre iniciativa da empresa para expoñe-lo traballo en horas extraordinarias e da libre vontade do traballador para aceptalas, considérase obrigatoria a prestación de traballo en horas extraordinarias por parte do persoal, nos casos seguintes:

-Os que afecten a reparacións ou modificacións de planta e equipo da factoría que interfiran na producción normal.

-Os que esixan a colaboración da empresa para remediar ou corrixir situacións excepcionais. O carácter de excepcional será sometido á autoridade laboral.

-Os necesarios para a botadura de buques ou varada en casos de recoñecida necesidade.

A empresa reducirá ó máximo a realización de horas extraordinarias, sen prexuízo de ofrece-lo máximo nivel de servicio, informando previamente ó comité o número das que se vaian realizar e as súas causas.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais aquí recollidas ou que poidan pactarse, notificaranse mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité ós efectos de obte-la reducción de recargos de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras e outros supostos similares.

Artigo 14º.-Aboamento de comida.

Aqueles productores ós que non se lles avisase con 24 horas de antelación e fagan traballos en horas extraordinarias terán dereito a unha indemnización de 745 pesetas durante 1996 e 770 pesetas durante 1997 en concepto de comida, agás aqueles ós que se lles facilite saír durante a xornada laboral polo tempo que se estime oportuno en cada caso, o cal será aboado.

Será aboada a comida os venres véspera de festivos, se se executan horas extraordinarias aínda que exista aviso previo.

Cando a prolongación da xornada exceda dunha hora, será aboada comida.

En sábados e días festivos, superadas as 13 horas do día tamén se aboará comida cando nestes se traballen un mínimo de catro horas.

Se o número de horas extraordinarias executadas polo productor no día laborable excede de cinco, terá dereito a unha indemnización de 745 pesetas durante 1996 e 770 ptas. durante 1997 en concepto de cea. Se se prolongase o traballo nocturno ata pasadas as 4 horas da madrugada, aboaránselle 215 pesetas máis durante 1996 e 225 pesetas máis durante 1997 en concepto de almorzo.

No ano 1998 as anteriores cantidades terán o incremento salarial acordado para o dito ano.

Artigo 15º.-Cambios de posto.

A dirección poderá ordenar cambios de posto dunha sección a outra, ou dentro de cada sección, se as necesidades de organización o requiren.

O traballador que reciba unha orde de cambio de posto, sempre que esta non represente vexación para o mesmo, vén obrigado a cumprila inmediatamente, considerándose a negativa como falta de disciplina. Sen prexuízo desta obrigación, o interesado poderá exerce-las reclamacións correspondentes.

Considéranse vexatorias as seguintes:

-Para oficiais profesionais, realizar traballos de cualificación correspondentes ó grao 4; ou sexa, propios de peón.

-Para os especialistas e peóns, realizar tarefas de limpeza do W.C., non sendo voluntariamente.

Se o cambio é temporal, unha vez finalizado o período accidental o traballador debe de ser reintegrado ó seu posto, que non terá sido ocupado por outro productor. En caso de desaparición do posto de traballo, é dicir, que o cambio de destino teña carácter permanente, se se volvese a crear novamente aquel posto, o trasladado terá dereito preferente para ocupa-lo mesmo.

Cando o traslado supoña cambio de oficio ou profesións, a empresa sempre que as circunstancias o aconsellen (idade, novo oficio, etc.), proverá ó trasladado da formación adecuada ó novo oficio ou categoría, ben sexa na propia empresa ou en centros oficiais ou recoñecidos.

Sempre que estes cambios ou traslados se efectúen por conveniencia da empresa, ésta estará obrigada a respecta-la categoría, como mínimo, do traballador.

Para estes tipos de traslados pedirase informe previo ó comité de empresa.

Logo da formación de expediente e a correspondente notificación ó comité de empresa, poderán

ordenarse traslados como medida disciplinaria, en caso de notorio incumprimento das funcións propias do posto ou como consecuencia de actos de indisciplina.

Artigo 16º.-Perda de aptitudes.

O persoal do cal a súa capacidade diminuíse por ter perdido aptitudes para o desempeño correcto do seu traballo, ben sexa por idade ou outras circunstancias profesionais antes da súa xubilación ou retiro, poderá ser trasladado a traballos adecuados ás súas condicións, percibindo a retribución correspondente ó posto que debía de desempeñar.

Se a merma de aptitudes fose producida por accidente fóra da factoría ou por enfermidade non profesional, poderá ser destinado ó posto de traballo que lle designe a empresa, percibindo o soldo correspondente ó dito posto.

Os traballadores que perderan aptitudes por causa de accidentes de traballo na empresa serán admitidos podendo ser trasladados a postos de traballo de inferior categoría, pero seguirán percibindo o mesmo soldo ou xornal que tiñan no momento do accidente.

A empresa poderá, en todo caso, reduci-los seus xornais na mesma cuantía que percibiran de renda por incapacidade, que se incrementará ó Fondo Social. Non obstante e logo de aprobación en cada caso do órgano rector do Fondo Social, poderá quedar reducida a deducción ó 60% da citada renda de incapacidade. Para todos aqueles que perciban indemnización a tanto alzado ou global, obrigatoriamente aportarán o 15% da dita cantidade ó Fondo Social.

Artigo 17º.-Retribución nos cambios de posto.

Cando un traballador ocupe provisionalmente un posto de cualificación inferior, conservará a súa retribución anterior, pero a prima correspondente ó novo posto.

Se o traslado do posto obedece a solicitude do propio interesado, este percibirá a remuneración correspondente ó novo posto, aínda que sexa inferior ó anterior.

Cando un traballador ocupe provisionalmente un posto de cualificación superior no que non teña posibilidade ningunha de promocionar, aboaráselle a retribución correspondente ó dito posto durante o tempo que dure esta ocupación.

O feito de que un traballador por motivo de orde persoal perciba, nun determinado posto, unha retribución superior á correspondente ó mesmo, non implica que outro traballador que veña a substituílo, deba percibir a mesma retribución, senón que percibirá a correspondente realmente á súa categoría profesional.

Respectarase o grupo de tarifa da Seguridade Social ós productores con máis de 15 anos de antigüidade na empresa e ós que resten menos de 15 anos para a súa xubilación.

Artigo 18º.-Vacacións.

No ano 1996 as vacacións desfrutaranse do 16 de xullo ó 17 de agosto, incluídas ámbalas datas.

No ano 1997 as vacacións desfrutaranse do 19 de xullo ó 18 de agosto, incluídas ámbalas datas.

No ano 1998 as vacacións desfrutaranse nas datas que se determinen no calendario laboral do dito ano.

O persoal do servicio de planta que preste servicio durante o período de vacacións desfrutará estas fóra dese período, en quendas establecidas de común acordo coa xefatura de servicio.

Aqueles que pretendan desfruta-las súas vacacións fóra da quenda establecida, terán que solicitalo da dirección antes do 30 de abril, e a contestación da empresa será antes do 15 de maio.

O economato permanecerá pechado durante o período de vacacións establecido.

Se se presentasen necesidades non previsibles na quenda de vacacións que causen graves prexuízos á empresa, esta poderá solicitar ó persoal necesario o cambio de datas, por medio do comité da empresa.

Artigo 19º.-Retribución das vacacións.

A retribución das vacacións estará formada polo salario convido, máis a antigüidade correspondente, incrementándose os conceptos anteriores coa parte proporcional de prima calculada en función da prima media obtida nos tres últimos meses, garantindo un mínimo de 65 de actividade para todo o persoal.

Artigo 20º.-Licencias e permisos.

Logo de solicitude dos traballadores afectados, concederase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

1º) Dunha xornada de traballo:

-Matrimonio de pais, fillos e irmáns, incluso irmáns políticos.

-Enfermidade grave de irmáns, irmáns políticos e netos.

-Por falecemento de curmáns, tíos e sobriños carnais.

-Por falecemento de avós e netos políticos.

-Por falecemento dun compañeiro de traballo por accidente na xornada laboral ou que, como consecuencia do mesmo, faleza dentro das 24 horas.

-Enfermidade grave dos avós carnais.

-Traslado do domicilio habitual.

2º) De dous días naturais:

-Por enfermidade grave de pais e fillos (incluso por parentesco político).

-Por falecemento de irmáns políticos.

3º) De tres días naturais:

-Falecemento de irmáns, avós e netos carnais.

-Enfermidade grave do cónxuxe.

4º) De tres xornadas de traballo:

-Falecemento de pais e fillos (incluso por parentesco político).

-Parto de esposa.

5º) De cinco xornadas de traballo:

-Falecemento do cónxuxe.

6º) De doce xornadas de traballo:

-Por enlace matrimonial do productor.

-Por enlace matrimonial, ademais das doce xornadas, poderase ampliar, sempre que o solicite o interesado, sen retribución por parte da empresa, ata un máximo doutros 8 días.

Artigo 21º.-Xustificación de permisos retribuídos.

No prazo máximo de 48 horas despois da incorporación, os traballadores beneficiarios de permisos retribuídos deberán de xustificar documentalmente a existencia das circunstancias que alegasen para a obtención del, atopándose neste mesmo caso os que por causas imprevistas non puideran solicita-lo permiso previamente. Quedan estes, non obstante, obrigados a notificalo dentro das 24 horas.

Artigo 22º.-Concesión de permisos excepcionais.

Independentemente dos casos concretos precisados nos anteriores artigos, será privativo da dirección na concesión, en circunstancias excepcionais, de permisos retribuídos de maior duración.

Artigo 23º.-Traballos excepcionais.

Dado que na cualificación de cada posto de traballo se ten en conta o ambiente en que se desenvolve, así como os riscos profesionais, o xornal ou soldo de cualificación resultante absorberá a bonificación que o artigo 77 da ordenanza laboral establece para o traballo penoso, tóxico e perigoso nos casos normais.

Os casos excepcionais pagaranse co plus que sinala a citada ordenanza, fixando este plus no 20% sobre o salario mínimo profesional, máis antigüidade sobre o salario mínimo.

Considéranse traballos excepcionais unicamente os seguintes:

Excepcionalmente tóxicos:

-Pintado de dobres fondos e tanques polo interior.

-Traballos de corte e soldadura sobre superficies pintadas, en espacios pechados.

-Traballos a realizar en interiores de tanques e dobres fondos.

-Cortar material con amianto polo interior.

-Limpeza interior de caldeiras.

-Soldadura de caldeiras en reparación a temperaturas superiores a 30º.

-Recheo de tubos con area.

-Curvado de tubos en quente.

-Desentubado de caldeiras.

-Curvado das cadernas en quente.

-Reparación de máquinas de vapor a temperaturas superiores a 30º en movemento.

-Amolado de hélices.

-Vernizado a pistola.

-Colocación en neveiras, aloxamentos e caldeiras, de la de rocha.

-Saneado por ARC-AIR.

-Traballos con mecheiros de fuel-oil.

-Pulido e esmerilado de tubos.

Penosos e perigosos:

-Traballos en alturas superiores a 4 metros, sen protección.

-Soldar mechas cando están prequentadas.

-Traballos que se realicen a partir do proceso de forrado de dobres fondos.

Sucios:

-Traballos en interiores de tanques, sentinas, parte inferior ó piso de sala de máquinas e dobres fondos.

-Pintado de neveiras e similares.

-Limpeza de motores e cambios de aceite a estes.

-Traballos de reparación en buques, segundo zonas.

-Traballos de reparación en caldeiras, segundo zonas.

-Limpeza de tubos.

Os traballos sucios terán unha indemnización de 67 pesetas/día, durante 1996 e de 70 pesetas/día durante 1997. Esta última cantidade experimentará, en 1998, o incremento salarial acordado para dito ano.

Artigo 24º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Artigo 25º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos ou dos servicios prestados polos operarios corresponderá ás condicións fixadas pola empresa, en normas, planos, especificacións, etc., que se entregarán para realiza-los traballos.

Os traballos que non alcancen a calidade estipulada non serán computados para efectos de prima e poderán, incluso, motivar accións correctivas derivadas das responsabilidades esixibles.

Artigo 26º.-Medida de traballo.

A unidade de medida denomínase punto. É a cantidade de traballo útil desenvolvido nun mínimo (ten

do en conta o repouso compensador do esforzo), por un traballador capacitado e adaptado ó posto, traballando a un ritmo mínimo normal.

Artigo 27º.-Actividade.

Enténdese por ritmo mínimo normal, o 75% do traballo que un obreiro capacitado e coñecedor do seu oficio poida realizar durante a xornada laboral sen prexuízo para a súa vida profesional.

Considérase que a actividade óptima é a de 80 puntos hora e, por conseguinte, a actividade normal é a de 60 puntos hora.

A diferencia entre os puntos obtidos e os asignados será a base do cálculo de incentivo a prima por rendemento.

Artigo 28º.-Baixa actividade.

Con independencia do previsto en materia de sancións na lexislación laboral vixente, en materia de diminución voluntaria e continuada de rendemento no traballo serán de aplicación exclusiva as seguintes:

Repetición da falta dentro dun

período de tres meses

Actividade comprendida

entre 60 e 48

FaltaSanción
1ª faltaLeveAmoestación escrita
2ª faltaLeve2 días
3ª faltaGrave3 a 15 días

Repetición da falta dentro dun

período de tres meses

Actividade inferior a 48 puntos

FaltaSanción
1ª faltaGrave2 a 10 días
2ª faltaMoi grave11 a 30 días
3ª faltaMoi graveDespedimento

Os días de sanción enténdense como suspensión de emprego e xornal.

O índice para controla-las actividades é o rendemento medio mensual individual ou de equipo.

Aínda que o cómputo de actividades para a imposición de sancións farase mensualmente, quincenalmente obteranse os cómputos de actividade por obreiro, e todos aqueles que dean resultados anormais, pasarán ó estudio e dictame da comisión mixta aludida no artigo 5º deste convenio, que determinará e informará sobre as causas que deron orixe a estas anormalidades, procedendo a dirección en consecuencia, de acordo co informe para esixi-las responsabilidades a que houbese lugar e a correspondente imposición de sancións.

Con independencia das causas de despedimento examinadas anteriormente, tamén o serán tódalas previstas no artigo 98 da ordenanza laboral.

Artigo 29º.-Primas.

A empresa reservarase a facultade de elección e aplicación en cada caso, da modalidade de incentivo que estime máis conveniente, así como as variacións das xa establecidas; crese que con iso se poden mellora-las relacións laborais e humanas, sempre e cando non se prexudique económicamente os beneficiarios da dita prima.

Estas modalidades adaptaranse ás normas dos principios xerais de organización e antes da súa implantación serán notificadas ó comité de empresa para o seu coñecemento e informe, sen prexuízo da súa aprobación pola autoridade laboral competente. Terase especial coidado en que o persoal afectado por unha variación quede informado das modificacións que se produzan.

Tódolos traballos susceptibles de seren sometidos a un estudio racional de tempos, con medida destes, poderanse considerar como traballos suxeitos a prima directa por rendemento individual ou de equipo, mentres que nos que non concorran estas circustancias, consideraranse como traballos suxeitos a prima indirecta.

Os valores en puntos de traballo establecidos para as diferentes tarefas da empresa, serán revisables cando varíen as circustancias que concorran na súa fixación, dando conta de esta revisión ó comité de empresa e ós traballadores afectados, coa debida antelación.

Artigo 30º.-Cantidade de traballo.

A obrigación de prestar servicios durante a xornada laboral completa inclúe que se acepte por parte do persoal unha saturación total durante ela, incluso aceptando outros traballos dentro da mesma sección, sempre que non sexan vexatorios e estean de acordo coas condicións e capacidade do interesado. Nos casos de traballos controlados, ou con incentivo, a non producir paradas amparándose en que o rendemento medio se manteña por encima do normal.

Artigo 31º.-Paradas.

Durante as paradas que se produzan nos traballos, por causas de forza maior non imputables á empresa, o productor percibirá o xornal de cualificación, sen ningunha prima de producción.

Nas imputables á empresa, o productor percibirá o xornal de cualificación, máis a prima a unha actividade que será a da media do taller.

Consideraranse imputables á empresa as seguintes:

-Falta de material no momento de recibi-lo bono ou orde de traballo.

-Falta de guindastre.

-Falta de instruccións.

-Limpeza de máquina.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 32º.-Grao de cualificación.

Os graos de cualificacións para o persoal da empresa, para as distintas categorías profesionais, son os que figuran no anexo núm. I.

Artigo 33º.-Soldos e xornais base.

Os soldos e xornais base para cada categoría profesional, segundo os graos que lle correspondan, fanse figurar no anexo nº II.

Os correspondentes ós traballadores menores de 18 anos, figuran no anexo nº III.

Artigo 34º.-Prima de asistencia.

No anexo nº II consígnanse os importes das primas de asistencia por día laborable, correspondentes a cada grao e do cal percepción está condicionada á asistencia ó traballo.

Artigo 35º.-Incentivos.

No anexo nº IV figuran as primas de producción para os traballadores a control.

Pola media xeral do taller percibirano tódalas oficinas administrativas, verificadores e subalternos que veñan prestando servicios para toda a factoría.

As oficinas técnicas de delineación, preparación e distribución, percibirán o dito suplemento polas medias alcanzadas nos seus respectivos departamentos de calderería e naval.

Cando se arbitre pola empresa un sistema de primas para este persoal, automaticamente pasará ó rexime de primas.

Para o persoal obreiro sen opción a prima, aboaráselle por este concepto a que corresponda á media xeral de taller alcanzada na última quincena.

Os traballadores menores percibirán a prima de producción pola función que realicen en cada caso.

Artigo 36º.-Axudas de custo.

Tódolos productores que por necesidades da industria e por orde da empresa teñan que efectuar viaxes e desprazamentos a poboación distinta na que radica a mesma, desfrutarán sobre o soldo ou xornal, a axuda de custo que se fixa no anexo VI.

O desenvolvemento e aplicación desta norma acomodarase ó preceptuado no artigo 82 da ordenanza laboral.

Artigo 37º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións que establece a lexislación vixente, aboaranse sobre os xornais e soldos do convenio, máis antigüidade e serán da cuantía seguinte:

Nadal: 30 días. Xullo: 30 días.

Nas pagas de xullo e Nadal, aboarase tamén a prima de producción en función da media alcanzada nos

tres meses anteriores, garantindo un mínimo de 65 de actividade para todo o persoal.

As fórmulas que hai que aplicar para a obtención das primas serán:

-Para empregados:

Pesetas/Prima cobrada último trimestre

x30 días naturais

90

-Para obreiros:

Ptas./Prima cobrada último trimestrexH. traballo efectivo s/conveniox30 días naturais

Horas traballadas 315

Estas pagas aboaranse nas datas acostumadas.

Ós traballadores que se atopen en situación de l.T. por accidente de traballo aboaráselle as gratificacións extraordinarias como se estivesen traballando, complementándolle-la empresa as cantidades que por atoparse na dita situación lles satisfaga o Fondo Social.

Artigo 38º.-Antigüidade.

O número de quinquenios é ilimitado; para efectos de antigüidade e de acordo cos graos de cualificación, establécense os importes por quinquenio que figuran no anexo II.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse de acordo co que se establece no anexo V para cada grao de cualificación.

Artigo 40º.-Protección familiar.

A contía e normas de distribución deste concepto rexerase polo previsto no Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social.

Artigo 41º.-Pagamento ó persoal.

O pagamento ó persoal efectuarase mediante talón ou transferencia bancaria, cobrando o persoal obreiro mensualmente con anticipos quincenais.

Capítulo IV

Premios e recompensas

Artigo 42º.-Premios de seguridade.

Durante o ano 1996 destinarase a cantidade de 136.180 pesetas, para premia-los productores que se teñan distinguido no cumprimento das normas de seguridade e hixiene, saúde e medio ambiente. Durante o ano 1997 a cantidade que se destinará a esta finalidade será de 141.085 pesetas, experimentando esta cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

Os premios outorgaraos a dirección por proposta do Comité de Seguridade e Saúde.

En todo caso, a cantidade non repartida será destinada a Fondos Sociais.

Artigo 43º.-Xubilacións.

I. Premio por ano de servicios.

Todo o persoal que no momento da xubilación teña acreditados máis de 10 anos ó servicio da empresa percibirá un premio polos anos de servicio prestados, que será da seguinte contía:

-Ano 1996:

8.495 ptas./ano para o persoal que se xubile ós 60 ou 61 anos.

6.340 ptas./ano para o persoal que se xubile ós 62 anos.

4.260 ptas./ano para o persoal que se xubile con máis de 62 anos.

-Ano 1997:

8.780 ptas./ano para o persoal que se xubile ós 60 ou 61 anos.

6.570 ptas./ano para o persoal que se xubile ós 62 anos.

4.435 ptas./ano para o persoal que se xubile con máis de 62 anos.

Estas mesmas contías (4.260 ptas./ano en 1996 e 4.435 ptas./ano en 1997) serán as que se aboarán ó persoal que optou ou opte por acollerse ó sistema de xubilacións anticipadas asinado en Madrid o 1 de outubro de 1996, o outras disposicións que no futuro puidesen establecerse con garantías para os traballadores similares ás destas, calquera que fose a idade que aquel tivera no momento de acollerse ó dito sistema.

No ano 1998 as cantidades anteriores terán o incremento salarial acordado para o dito ano.

Os que non se xubilen dentro do mes en que cumpren os 65 anos non terán dereito a este premio.

O premio por ano de servicios aboarase tamén ó persoal que no momento da xubilación se atope de baixa na empresa por invalidez provisional, así como ó que se lle recoñeza unha incapacidade total ou absoluta para o traballo e leve máis de dez anos ó servicio da empresa. A contía do premio para este persoal será a seguinte:

-Ano 1996:

8.495 ptas./ano para os que teñan menos de 62 anos de idade no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

6.340 ptas./ano para os que teñan 62 anos de idade no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

4.260 ptas./ano para os que teñan máis de 62 anos no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

-Ano 1997:

8.780 ptas./ano para os que teñan menos de 62 anos de idade no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

6.570 ptas./ano para os que teñan 62 anos de idade no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

4.435 ptas./ano para os que teñan máis de 62 anos no momento de recoñecérlle-la incapacidade.

No ano 1998 as cantidades anteriores terán o incremento salarial acordado para o dito ano.

Este premio será así mesmo aboable ós familiares dos traballadores que falezan estando en activo ou en invalidez provisional, sempre que estes teñan no momento do falecemento máis de cinco anos de antigüidade na empresa. A súa contía será de 4.260 pesetas/ano en 1996 e 4.435 ptas./ano en 1997, calquera que sexa a idade que o traballador teña no momento do falecemento, experimentando esta derradeira cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

II. Premio mensual de xubilación.

Este premio mantense exclusivamente para o persoal que, o 1 de xaneiro de 1996, estea xubilado (non activo e maior de 65 anos) ou prexubilado (non activo e menor de 65 anos), fixándose a súa cotía en 15.000 ptas./mes, pagadoiro en 12 mensualidades que non serán revisables en convenios sucesivos, con efectos a contar desde o día 1 de xaneiro de 1996.

O persoal que na data indicada (1-1-1996) estea prexubilado (non activo e menor de 65 anos) comezará a cobrar este premio, na contía, periodicidade e formas indicadas, a partir da data en que cumpra os 65 anos de idade.

O importe deste premio sería de inferior contía se no momento da xubilación do traballador este percibira unha pensión que sumada ás 15.000 ptas. que lle aboa a empresa, representara máis do 100% do seu salario real, que servirá de tope en tódolos casos.

Artigo 44º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará un seguro ou asumirá este risco para que, en caso de morte por accidente de traballo, os herdeiros do falecido perciban 1.000.000 de pesetas, independentemente das demais indemnizacións ás que puideran ter dereito.

Esta mesma cantidade aboarase ó traballador que sufrira o accidente laboral se como consecuencia daquel se lle recoñecera unha invalidez permanente, no grao de incapacidade permanente absoluta para todo traballo, sempre que o accidente polo que se lle recoñece a dita incapacidade tivérase producido a partir do 1 de xaneiro de 1992.

Artigo 45º.-Fondo social.

A empresa estudiará e considerará a súa contribución ás novas propostas que se presenten para mellora-las prestacións do Fondo de Previsión Social existente e, así mesmo, comprométese a atende-los déficits que no dito fondo se presenten ó longo do ano, aportando a cantidade necesaria que cubra os mesmos, sendo para o ano 1996 a suma máxima de 5.583.185 pesetas e para o ano 1997 de 5.784.180 pesetas, experimentando esta última cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

Nestas cantidades inclúese a aportación correspondente para bolsas de estudios ás que poderán opta-los productores para si mesmos ou para os seus fillos.

A administración e distribución destas cantidades levarase a cabo por medio da Comisión do Fondo Social.

Artigo 46º.-Economato.

Os artigos a venda no economato, facilitaranse ó persoal da empresa a rigoroso prezo de custo e, será obrigatoria a súa venda; a súa calidade e demáis extremos, deberán ser supervisados pola comisión que se nomee de 4 vocais representantes do comité de empresa e un asesor representando á dirección da empresa, realizándose tódalas compras e administrádoo a dita comisión.

Tamén durante a vixencia do presente convenio, compensarase a todo o persoal en activo, sen discriminación, así coma os cabezas de familia que estean no servicio militar con 3.327 ptas./mes durante 1996 e 3.447 ptas./mes durante 1997, experimentando esta última cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

Artigo 47º.-Desgaste de ferramentas.

O persoal de carpintería percibirá un plus de 60 pesetas por día de traballo en 1996 e de 62 pesetas por día de traballo en 1997, en concepto de desgaste de ferramentas, experimentando esta última cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

Artigo 48º.-Cooperativas de vivendas.

A empresa comprométese a financia-la adquisición de terreos para as cooperativas de productores que se constitúan legalmente durante a vixencia do presente convenio, para a construcción de vivendas, así como da-las facilidades financeiras precisas para facer fronte os cooperativistas durante o período de construcción con maior folganza económica.

En todo caso, resérvase o dereito de aprobar previamente a adquisición prevista, o obxecto de comprobar que non se atrasan as posibilidades de amortización por parte dos cooperativistas.

Artigo 49º.-Roupas de traballo.

O persoal obreiro ó servicio da empresa terá dereito a dúas fundas por ano, como roupa de traballo, a calidade da cal estará en consonancia co posto de traballo que desempeñe o productor.

Así mesmo, entregaranse uniformes ós porteiros e vixiantes, ademais do persoal do Servicio Contraincendios.

Para oficinas, gardapós adecuados, ás seccións que os soliciten.

Artigo 50º.-Biblioteca.

A empresa comprométese a mante-la Biblioteca Técnico-Cultural para a prestación de libros ós productores dela, para a que se fixa unha asignación de 112.351 pesetas durante o ano 1996 e 116.395 pesetas durante o ano 1997, experimentando esta última cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 51º.-Dereitos sindicais.

A empresa recoñece as seccións sindicais das centrais asinantes dos acordos do sector naval, cando o seu nivel de representación no centro de traballo supere o 10%, representadas nun delegado sindical, pertencente á empresa, cos seguintes dereitos:

-Dispoñer dun número de horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións que se fixan así:

A cada membro do comité de empresa elixido pola central sindical correspondente asignaránselle 5 horas máis ó mes por encima das que lle correspondan segundo o disposto no Estatuto dos traballadores ou convenio colectivo e sen que en ningún caso poidan exceder estas horas adicionais de 30 ó mes para o conxunto dos representantes dunha mesma central. Este número de horas será o que estableza a normativa legal vixente a partir do momento no que se celebren as próximas eleccións sindicais.

Estas horas adicionais e/ou as que correspondan a cada un dos ditos representantes, poderán ser desfrutadas polo citado delegado sindical logo de acordo entre todos eles que deberá ser posto en coñecemento da empresa.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local, sempre que sexa posible.

-Desconto en nómina da cota sindical, logo da petición expresa dos traballadores afiliados.

-Reunión en locais de empresa e fóra de horas de traballo, dos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

Todo iso sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

Acordos finais complementarios

A. Incremento salarial.

Durante a vixencia do presente convenio o incremento salarial que se establece será, coas particularidades expresadas nos anteriores artigos, o seguinte:

A.1. Ano 1996 (do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996): 0%.

A.2. Ano 1997 (do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1997): IPC previsto para este ano (2,6%), máis 1 punto= 3,6%.

A.3. Ano 1998 (do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998): IPC previsto para este ano, máis 1 punto.

Os incrementos indicados serán proporcionais ás retribucións que o persoal percibe, no que respecta ó IPC previsto.

Respecto ó punto de incremento do IPC previsto para os anos 1997 e 1998, este repartirase linealmente entre tódolos traballadores da empresa, facéndose o incre

mento no concepto salarial xornal mensual (persoal obreiro) e soldo mensual (persoal empregado). Para este fin a masa salarial da empresa, ano 1997, fixase en 1.100 millóns de ptas., polo que a cantidade a repartir linealmente entre tódolos traballadores será, neste ano, de 11 millóns de ptas.

Para o ano 1998 a masa salarial estímase en 900 millóns de ptas., co que a cantidade a repartir linealmente entre tódolos traballadores sería, nese ano, de 9 millóns de ptas. En todo caso fixarase a cantidade a repartir, en cálculo a 31-12-1997.

B. Colaboración na xestión.

B.1. A dirección da empresa comprométese a informar ó comité sobre a marcha da sociedade e sobre tódalas medidas de xestión, especialmente cando afecten directamente ó persoal.

B.2. O comité comprométese a colaborar na reducción do absentismo, especialmente axudando a controla-las ausencias por enfermidade e a tramita-las baixas por incapacidade laboral.

B.3. Ámbalas partes comprométense a impulsa-la mellora da productividade e a calidade, aproveitando o plan de investimentos que se está a realizar e as melloras de organización, xestión e métodos, así como as derivadas de novos sistemas de incentivos.

Da mesma maneira, ámbalas partes comprométense a unha maior colaboración no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo, saúde laboral e medio ambiente, e coordinación entre todo o persoal.

C. Admisión de persoal.

A empresa procederá á admisión con contrato temporal, en prácticas ou para a formación, de fillos de productores, condicionada á existencia de carga de traballo e ó establecido polos órganos rectores da reconversión naval, nas condicións pactadas no acordo subscrito co comité de empresa o 25 de novembro de 1991 referente ó programa de actuación complementaria.

D. Ordenanza de traballo.

Para evita-la lagoa legal que a falta dun convenio xeral do metal puidera orixinar, acórdase que a Ordenanza de Traballo para a Industria Siderometalúrxica, aprobada por Orde do 29 de xullo de 1970 e que foi derrogada por Orde do 17 de febreiro de 1988, siga sendo de aplicación, no suposto de falta dun convenio xeral do metal, naqueles aspectos non regulados polo presente convenio.

E. Supresión do artigo 43.II (premio mensual de xubilación) para o persoal en activo da empresa.

Compénsase a todo o persoal en activo da empresa, pola supresión do punto II do artigo 43 do convenio colectivo (premio mensual de Xubilación) con un incremento de 3.500 ptas./mesx12 meses, que non serán revisables en convenios sucesivos, con efectos a contar desde o día 1 de xaneiro de 1997. No caso dos prexu

bilables e, ó estar estes menos tempo na empresa, e por conseguinte, máis próximos á xubilación, esta cifra elevarase a 10.000 ptas./mes durante o mes previo á súa baixa.

F. Anticipo quincenal.

A cantidade que na actualidade se aboa, en concepto de anticipo quincenal, ó persoal obreiro -40.000 ptas.elévase a 55.000 ptas., deducibles coma agora, na nómina de fin de mes.

Partes negociadoras: son partes negociadoras do presente convenio colectivo a dirección da empresa, en representación da mesma, e o comité de empresa, en representación dos traballadores.

ANEXO I

TÁBOAS DE CUALIFICACIÓN

Grao

-Persoal obreiro
Coordinador de equipo13
Xefe de equipo12
Oficial 1ª montador exterior12
Oficial 1ª A12
Oficial 1ª B11
Oficial 2ª9
Oficial 3ª7
Especialista6
Peón4

-Persoal empregado. Subalternos
Almaceneiros7
Chofer camión9
Chofer turismo7
Dependente principal economato12
Dependente auxiliar economato6
Enfermeiro6
Garda xurado, vixilante e porteiro6
Listeiro8
Listeiro encargado de serenos11
Ordenanza4
Porteiro oficina técnica4
Telefonista6

-Administrativos
Xefe administrativo de 1ª xefe de sección A36
Xefe administrativo de 1ª xefe de sección B31
Xefe administrativo de 1ª xefe de sección C25
Xefe administrativo de 2ª subxefe de sección A23
Xefe administrativo de 2ª subxefe de sección B20
Oficial 1ª A14
Oficial 1ª B13
Oficial 1ª C12
Oficial 2ª A11
Oficial 2ª B9
Oficial 2ª C8
Taquimecanógrafa e perforista de 1ª9
Taquimecanógrafa e perforista de 2ª7
Auxiliar A5
Auxiliar B4

-Técnicos de organización
Xefe organización de 1ª xefe de sección A36
Xefe organización de 1ª xefe de sección B31
Xefe organización de 1ª xefe de sección C25
Xefe organización de 2ª subxefe de sección A23
Xefe organización de 2ª subxefe de sección B10

Grao

Técnico organización de 1ª A16
Técnico organización de 1ª B15
Técnico organización de 1ª C14
Técnico organización de 2ª A11
Técnico organización de 2ª B10
Técnico organización de 2ª C8
Auxiliar organización A6
Auxiliar organización B4

NOTA: respectaranse tódolos dereitos adquiridos a todos aqueles que
superen estes graos.

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista19
Delineante de 1ª A16
Delineante de 1ª B15
Delineante de 1ª C14
Delineante de 2ª A12
Delineante de 2ª B11
Delineante de 2ª C9
Calcador A6
Calcador B4
Arquiveiro bibliotecario8
Reproductor de planos4

-Técnicos de taller

Grao

Xefe de taller25
Subxefe de taller23
Mestre de taller19
Contramestre16
Encargado14

-Técnicos titulados
Perito e enxeñeiro técnico. Xefe de sección A36
Perito e enxeñeiro técnico. Xefe de sección B31
Perito e enxeñeiro técnico. Xefe de sección C25
Perito e enxeñeiro técnico. Subxefe de sección A23
Perito e enxeñeiro técnico. Subxefe de sección B20
Axudante enxeñeiro. Xefe de sección A36
Axudante enxeñeiro. Xefe de sección B31
Axudante enxeñeiro. Xefe de sección C25
Axudante enxeñeiro. Subxefe de sección A23
Axudante enxeñeiro. Subxefe de sección B20
Graduado social. Xefe de sección A36
Graduado social. Xefe de sección B31
Graduado social. Xefe de sección C25
Graduado social. Subxefe de sección A23
Graduado social. Subxefe de sección B20
Axudante técnico sanitario15
Asistente social15

ANEXO VI

AXUDAS DE CUSTO

1. Obxecto.

Este anexo VI ten por obxecto o normalizar e fixa-las condicións nas que se van efectua-los desprazamentos por parte do persoal.

2. Normas xerais.

2.1. As cantidades que se fixan como axudas de custo poderán ser reconsideradas a partir do próximo convenio.

2.2. Sexa cal sexa a axuda de custo, inclúe na mesma os conceptos de aloxamento, manutención, transportes urbanos e varios. Por imperativo fiscal é preciso presentar xustificantes de hoteis e manutención nas axudas de custo superiores a 13.000 pesetas/diarias se se devengan por desprazamentos dentro do territorio español ou de 22.600 pesetas diarias se tivesen lugar por desprazamento a territorio estranxeiro.

2.3. Non se inclúen nas axudas de custo os gastos correspondentes ó billete de viaxe, alugueiros de vehículos (deberá de presentarse xustificante de ambos a efectos fiscais), teléfono e canon por quilómetro percorrido en automóbil propio, do cal a liquidación efectuarase ademais da axuda de custo tendo en conta a estes efectos as seguintes consideracións:

A) O canon por quilometro percorrido en vehículo propio fíxase en 24 ptas., que se incrementará nun 25% cando viaxen nun mesmo vehículo tres ou máis persoas ou que o equipo supere un peso de 100 kg. Para a súa liquidación teranse en conta os quilómetros entre poboacións, sendo de conta da axuda de custo xeral os quilómetros que se percorran dos cascos urbanos. Este mesmo criterio aplicarase para o alugueiro de vehículos e taxis.

B) En canto ó billetes da viaxe por métodos ordinarios, solicítase ós beneficiarios de familia numerosa que as vantaxes inherentes á dita condición se repercutan a favor da empresa.

C) Os gastos ocasionados por conferencias telefónicas, serán aboados soamente aqueles producidos por motivo empresarial.

2.4. Sexa cal sexa o importe da axuda de custo que se fixa en función da categoría na empresa do productor, o seu importe divídese nos seguintes capítulos:

-Aloxamento e almorzo: 40%.

-Manutención/xantar: 25%.

-Manutención/cea: 20%.

-Varios: 15%.

Non se aboan sobreaxudas de custo nos casos en que calquera dos conceptos supere a porcentaxe establecida, salvo no de aloxamento se é que este foi elixido pola empresa.

Liquidaranse á parte da axuda de custo as invitacións que se efectúen por conta e en nome da sociedade e como consecuencia da xestión que motivou o desprazamento e nestes casos deducirase da axuda de custo a parte correspondente.

2.5. Tódolos conceptos que se liquiden separados da axuda de custo deberán xustificarse cos correspondentes comprobantes.

2.6. Cando dúas persoas viaxen xuntas nunha xestión común e correspóndelles distinta axuda de custo, ambos poderán percibi-lo tipo de axuda de custo do superior sempre que se aloxen no mesmo hotel e efectúen gastos análogos.

2.7. As axudas de custo que máis adiante se detallan son aplicables para desprazamentos normais. Para saídas que supoñan estancias prolongadas (prácticas, suplencias, etc.), fixaranse en cada caso concreto as axudas de custo oportunas.

2.8. Establecéndose como se establece o canon por quilómetro percorrido en automóbil propio, non se poderán facturar na liquidación da viaxe gastos que se correspondan con calquera dos que utilicen automóbil propio: gasolina, aceite, garaxes, aparcamentos, lavados, engrase, reparacións, etc.

2.9. A decisión de se para unha viaxe se utilizarán os medios de transporte correntes ou un automóbil propio, será tomada polo superior que lle ordena tal viaxe, o cal terá en conta a eficacia, rapidez e economía da viaxe.

2.10. Sexa cal sexa o importe da axuda de custo liquidarase como enteira cando a iniciación da viaxe tivese lugar antes das 13 horas do día ou o termo da viaxe despois da mesma hora, e sempre que por cada día de dieta enteira, tivese pasado unha noite fóra do lugar de residencia habitual.

O día de saída e o de chegada se non estivesen cubertos en canto a horarios, polo que se di no apartado anterior, liquidaranse ó 75% do valor da axuda de custo.

Se a chegada se realiza no tren da noite ou da primeira hora da mañá, respectivamente, percibiranse 310 ptas. en 1996 e 320 ptas. en 1997 para o almorzo, sexa cal sexa a categoría da axuda de custo do productor viaxeiro por tal día, experimentando esta última cantidade, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

2.11. Cando se viaxe en automóbil, avión ou tren (1ª e 2ª clase) terase dereito á percepción de horas de viaxe de tipo ordinario, polas que excedan da xornada ordinaria.

Non se terá este dereito cando se utilice como medio de locomoción o coche-cama.

Cando se utilice coche-cama, ó importe total da axuda de custo deduciráselle a parte correspondente ó aloxamento.

3. Fixación das axudas de custo.

Establécense os seguintes grupos:

Grupo A. Gastos pagados. Teñen dereito a esta apreciación os señores conselleiros, directores e persoal de horario especial.

Este grupo presentará xustificantes lóxicos, correspondentes ós ditos gastos pagados. Estes comprobantes lóxicos han de ser polo menos os de contas de hoteis, restaurantes, alugueiros de vehículos, atencións especiais cos clientes, e outros que o bo sentido común indique como natural o presentalos.

Ano 1996Ano 1997

Grupo B. Persoal con grao 36 13.020 ptas. 13.450 ptas.

Grupo C. Persoal con grao 31 11.690 ptas. 12.085 ptas.

Grupo D. Persoal con grao 25 10.495 ptas. 10.860 ptas.

Grupo E. Persoal con grao 20 y 23 8.995 ptas. 9.320 ptas.

Grupo F. Mandos intermedios de taller (excluídos

xefe de buque, taller e subxefe taller) 8.405 ptas. 8.715 ptas.

Grupo G. Resto persoal empregado 7.200 ptas. 7.480 ptas.

Grupo H. Montadores exteriores, xefe de equipo

e coordinadores de equipo 7.200 ptas. 7.480 ptas.

Grupo I. Resto persoal de taller 6.830 ptas. 7.100 ptas.

O persoal dos grupos G, H e I percibirá ademais un suplemento consistente no 18% do xornal ou soldo diario, sen ningún complemento persoal ou de posto, por cada día de saída a localidade fóra do Municipio de Vigo.

As cantidades indicadas para 1997 experimentarán, en 1998, o incremento salarial acordado para o dito ano.

6100