Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 20 dos correntes, a modificación puntual do Plan Xeral Municipal de Ordenación, promovida por Zelnova, S.A., sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra e nun dos diarios de maior circulación da provincia, durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na oficina técnica do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

A referida aprobación inicial leva consigo a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición en toda a área comprendida pola modificación puntual.

O Porriño, 30 de xuño de 1997.

José Manuel Barros González

Alcalde