Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 05 de agosto de 1997 Páx. 7.608

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

EDICTO.

Exposto ó público o prego de condicións económico-administrativas en virtude de anuncio inserido no BOP do día 15 de xullo actual sen que fose presentada ningunha reclamación, procédese a anunciar e convocar concurso para cesión onerosa de parcela

do patrimonio municipal do solo a que se refiren as citadas condicións ou bases.

En cumprimento do disposto na condición 10ª, ábrese prazo de licitación polo tempo de vinteseis días hábiles computados desde o seguinte ó de inserción no BOP, durante o que poden presentarse propostas na Secretaría Xeral do Concello ata as 13 horas de cada día laborable, de conformidade co modelo de proposición que consta na cláusula 9ª do citado prego e acompañado dos documentos que se indican.

Datos básicos de interese, deducidos do citado prego, son os seguintes:

-Cesión de parcela de 57.870 m situada en Monterrei ou Montealegre, inscrito o seu dominio no Rexistro da Propiedade a favor deste concello.

-Para instalar actividade industrial.

-Tipo de licitación: 40.000.000 de pesetas, á alza, con pagamento mediante ingreso en arcas municipais.

-Fianza provisional do 2% da dita suma, salvo excepcións, e definitiva do 4%, este sobre o prezo de adxudicación.

-Edificabilidade segundo o previsto na cláusula 6.3 do prego.

-Obrigas de réxime laboral, que consta no tal prego de condicións.

-Adxudicación, seguindo criterios que fixa a cláusula 11ª.

O Pereiro de Aguiar, 24 de xullo de 1997.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde

5694