Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1M/1997, que ten por obxecto o mantemento de ascensores.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

c) Número de expediente: CP 1M/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: mantemento de ascensores.

c) Lotes:

Lote 1: aparello elevador montaangarellas nº 15.023041.

Lote 2: aparello elevador montaangarellas nº 15.023052.

Lote 3: aparello elevador montaangarellas nº 15.023063.

Lote 4: aparello elevador mortuorios.

Lote 5: aparello elevador oficios hostelería nº 15.023085.

Lote 6: aparello elevador oficios hostelería nº 15.023096.

Lote 7: aparello elevador lavandería limpo.

Lote 8: aparello elevador lavandería sucio.

Lote 9: aparello elevador montacargas aparellos cirúrxicos.

Lote 10: aparello elevador público centro especialidades nº 15.007366.

Lote 11: aparello elevador montaangarellas nº 15.007377.

Lote 12: aparello elevador oficios hostelería nº C6083.

Lote 13: aparello elevador público centro especialidades nº C6084.

Lote 14: aparello elevador público nº C6085.

Lote 15: aparello elevador edificio administración.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 52, do 17 de marzo de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 9.955.151 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 23 de abril de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11: Schindler, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 5.407.367 pesetas.

Lotes 12, 13 e 14: Zardoya Otis, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 283.367. pesetas.

c) Importe total adxudicado: 5.690.734 pesetas.

Ferrol, 6 de xuño de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5604