Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1M/1996, que ten por obxecto o mantemento dos equipos de radioloxía e diagnóstico por imaxe.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

c) Número de expediente: CP 1M/1996.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: mantemento dos equipos de radioloxía e diagnóstico por imaxe.

c) Lotes: lote 1 (sala 1); lote 2 (sala 2); lote 3 (sala 3); lote 4 (sala 4); lote 5 (sala 5); lote 6 (sala 6); lote 7 (sala 7); lote 8 (sala 8); lote 9 (sala 9); lote 10 (sala 10); lote 11 (sala 11); lote 12 (sala 12); lote 13 (sala 13); lote 14 (sala 14); lote 15 (sala 15); lote 16 (sala 16); lote 17 (sala 17); lote 18 (sala 18); lote 19 (sala 19).

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 22, do 3 de febreiro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 31.610.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de marzo de 1997.

b) Contratistas:

Lotes 8, 10, 11, 13 e 18: Siemens, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe mínimo: 7.877.125 pesetas.

c) Importe total adxudicado: 7.877.125 pesetas.

Ferrol, 2 de maio de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5606