Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado gasificación de Galicia: rede Pontecesures-Catoira.

Enagas, S.A., titular da concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural, presentou perante a Consellería de Industria e Comercio solicitude para a declaración de proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do denominado proxecto de instalacións gasificación de Galicia: rede Pontecesures-Catoira, autorizado por esta dirección xeral de Industria mediante Resolución do 6 de xuño de 1996, afectando os termos municipais de Valga, Pontecesures e Catoira, todos eles da provincia de Pontevedra.

O interese público da execución do dito proxecto xustifica a declaración do proxecto de gasificación como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, dado que a trascendencia da infraestructura enerxética gasista supera o simple ámbito local, invadindo todo o ámbito rexional afectado.

Por isto, por acordo do Consello da Xunta na súa reunión do 10 de xullo de 1997 declarouse a incidencia supramunicipal do citado proxecto de instalacións gasificación de Galicia: rede Pontecesures-Catoira, cunhas determinacións que, unha vez aprobado definitivamente polo mesmo órgano vincularán o planeamento dos entes locais en que se asenten as súas instalacións, que terán que adaptarse a elas dentro dos prazos que para tal efecto se determine, designándose a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación do dito expediente.

Conforme o anterior, e dando cumprimento ó disposto no artigo 25.3º da citada Lei 10/1995, do 23 de novembro, sométese a información pública o referido proxecto sectorial durante o prazo dun mes contado desde a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse o proxecto nas dependencias desta Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, así como na Delegación de Industria en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6030