Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Xeneral Franco.
Situación: A Guarda.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 290 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a L.M.T. existente O Rosal-A Guarda, entre os CC.TT. Carmelitas e formación profesional, ata o C.T. que se proxecta, finalizando na misma liña, concello da Guarda. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 25 de xuño de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5710