Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 23 de xuño, aprobou inicialmente un estudio de detalle na zona de Roxos (rúa de Muros), promovido por Roxos Residencial, S.L. Coa aprobación inicial do estudio de detalle, acordouse a delimitación dunha unidade de actuación sobre a parcela A do expediente, determinándose como sistema de actuación o de compensación do propietario único.

O ámbito da unidade delimitada ten os seguintes lindes:

Norte: parcela B do estudio de detalle propiedade de Juan Cajade Bao.

Sur: estrada C-543 de Santiago de Compostela a Noia, no tramo denominado rúa de Muros, (casas nº 74-76).

Leste: terreos situados ó norte do antigo Camiño Real a Camariñas.

Oeste: terreos situados entre o límite da unidade e camiño asfaltado que enlaza coa rúa de Muros.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle leva consigo a suspensión do outorgamento de licencias, para usos e obras incompatibles coa ordenación proposta, tanto no ámbito da unidade delimitada como no do predio contiguo a esta polo norte (parcela B), non afectado pola delimitación.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1997.

O alcalde

Rubricado

5659