Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997 pola que se publica a contratación das obras comprendidas no proxecto de saneamento da parroquia de Campañó.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento da parroquia de Campañó.

b) Lugar de execución: parroquia de Campañó-Pontevedra.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 81.557.258 ptas., incluído todo xénero de gastos, dirección técnica e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.631.145 ptas.

b) Definitiva: 3.262.290 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n,

Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación o primeiro mércores seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación de ofertas, a 8.30 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que orixine a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 2 de xullo de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6023