Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997 pola que se convoca o concurso público para a contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato arriba indicado (e que, xunto coa demais documentación de interese para os licitadores, se pode recoller no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00), fáise público o seguinte anuncio:

1. Obxecto: contratación dunha póliza para a cobertura dun seguro de asistencia médica en España para bolseiros de predoutoramento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Orzamento: 9.201.420 ptas.

3. Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador ou a persoa que o represente no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 9 horas do día 16 de setembro de 1997.

5. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

5631