Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.488

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que xulgará o concurso de méritos da praza 20/97 do corpo de profesores titulares de universidade convocada por Resolución do 13 de febreiro de 1997.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e consonte o establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo de informe da Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do 20 de decembro de 1996, nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos convocado mediante Resolución do 13 de febreiro de 1997 (BOE do 6 de marzo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte o da súa publicación.

Vigo, 11 de xullo de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

-Nº praza: 20/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

-Comisión titular:

Presidente: Roberto Dengler Gassin, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretario: Leandro Feliez Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais:

Joan Fontcuberta Gel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

José Antonio Gallegos Rosilio, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

José Manuel Bustos Gisbert, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

-Comisión suplente:

Presidenta: Mª del Carmen Enríquez Salido, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretaria: Mª José Hernández Guerrero, profesora titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais:

Antón Figueroa Lorenzana, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Salvador Peña Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Amparo Hurtado Albir, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

5811