Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 16 de xullo de 1997, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso nas clases de practicantes e matronas titulares, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación de puntuacións da fase de oposición.

O segundo parágrafo do apartado 3 da base sexta A) da Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 219, do 8 de novembro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de médicos titulares, practicantes titulares e matronas titulares do Servicio Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións presentadas e realizadas se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará o acordo definitivo de baremación.

Así mesmo, o apartado 7 da base sexta B) da citada convocatoria establece que, rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, o tribunal fará pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición.

Adoptados os acordos necesarios e feitas as actuacións oportunas para o efecto polo tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo das clases de practicantes titulares e matronas titulares, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia,

ACORDO:

Primeiro.-Desestimar expresamente as reclamacións presentadas por Teresa Docampo Carral, Mª José Arca Espiño, Mª Asunción Pérez García, José Benito González Comesaña, Jorge Díaz Ledo e

Manuel José Requejo Gómez, todos eles da clase de practicantes titulares, contra a valoración dos seus servicios prestados na fase de concurso e, polo tanto, ratificar como definitiva a baremación publicada pola Resolución do 30 de maio de 1997 (DOG nº 109, do 9 de xuño), nas clases de practicantes titulares e matronas titulares.

Segundo.-Publica-la relación de aspirantes que superan a fase de oposición, con indicación da puntuación obtida en ámbolos dous exercicios, e declarar excluídos, por non ter superada a fase de oposición, aqueles que non obteñan o 50% da puntuación máxima alcanzable no conxunto dos exercicios que a compoñen, segundo consta no anexo que se achega co presente acordo.

Terceiro.-Contra este acordo poderá presentarse reclamación, perante o tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1997.

Rosendo L. Fernández Fernández

Presidente do tribunal de practicantes e matronas titulares

CLASE DE PRACTICANTES TITULARES

CLASE DE MATRONAS TITULARES

5952