Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.485

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 22 de xullo de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 10 de xuño de 1997.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, por Orde do 10 de xuño de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 117, do 19 de xuño de 1997), de conformidade co disposto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991 do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4 da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

1.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 10 de xuño de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 117, do 19 de xuño de 1997).

2.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e selecciona-lo funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

3.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica

en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

5.-Contra a presente orde, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 0975380702A 2062

Grupo: A.

Apelidos e nome: Lefler Gullón, Carlos J.

Código: OT.C04.00.001.15770.007

Denominación do posto de traballo: Servicio de Programación e Planificación.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Administración especial.

Nivel: 28.

Específico: 1,639,104.

5953