Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1997 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia, que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

4. O prazo de presentación de instancias así como os lugares de presentación delas, serán os que se sinalan para cada curso no citado anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se utilizarán serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos,

sen prexuízo de que, se é o caso, a Escola Galega de Administración Pública poida fixa-la realización daquelas probas ou controis que considere oportunos para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos ou ben poida requiri-la realización dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adapta-los ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

-Curso: Técnicas de extinción de incendios forestais.

1. Obxectivos.

Actualiza-la formación das persoas que, a nivel comarcal, van te-la responsabilidade do dispositivo de combate do incendio forestal.

2. Destinatarios.

Técnicos dos Servicios de Defensa contra Incendios Forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

3. Criterios de selección.

Os establecidos publicamente no apartado a) do anexo á Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 28 horas.

3.2. Lugar e datas: o curso celebrarase nas aulas da EGAP, do 24 ó 27 de novembro de 1997.

4.3. Horarios: de 9.30 a 14.30 e de 16.30 a 18.30.

4.4. Número de prazas: 30.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de outubro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e serán presentadas no rexistro xeral dela ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Comportamento do lume: introducción ó comportamento do lume; factores máis influíntes. Factores meteorolóxicos. Combustibles e factores topográficos. Índices de risco e perigo. Sistemas de predicción do comportamento do lume.

-Curso: Análise económico-financeira de proxectos de investimento en industrias agrarias.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal que intervén na xestión de axudas a investimentos en industrias agrarias en canto ó análise dos aspectos económico-financeiros dos proxectos co fin último de determina-la súa viabilidade.

2. Destinatarios.

Persoal titulado superior e medio da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que xestiona as axudas dos regulamentos (CEE) 866/1990 e 867/1990.

3. Criterios de selección.

Os participantes deben estar relacionados coa xestión das axudas referenciadas. A selección virá determinada pola directa relación dos participantes coa xestión das axudas referenciadas.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 50 horas.

4.2. Lugar e datas: do 2 ó 31 de outubro de 1997, en Santiago de Compostela.

4.3. Horarios: xoves, de 17 a 20 horas; venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publi-

cación desta resolución no DOG e rematará o 16 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, serán presentadas no rexistro xeral dela, ou calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuizo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Contabilidade básica. Contabilidade analítica. Análises de balances. Análises de contas de explotación.

-Curso: Autocad básico.

1. Obxectivos.

Formar, tanto nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, como en cada unha das súas delegacións provinciais, grupos de técnicos capaces de realizar proxectos con CAD e cartografía.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3.Criterios de selección.

Na selección que se efectuará disporanse tres prazas para cada delegación provincial da consellería, así como para servicios centrais, dándose preferencia en primeiro lugar ós delineantes e topógrafos alí destinados e en segundo termo ós técnicos que vaian e ser usuarios do programa CAD na realización de proxectos.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: o curso celebrarase nos locais de Coremain (calle Hórreo, nº 100 de Santiago de Compostela), do 6 de outubro ó 17 de outubro.

4.3. Horarios: de luns a venres, de 10 a 14 horas.

4.4. Número de prazas: 15.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 22 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, serán presentadas no rexistro xeral dela, ou calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuizo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Visión xeral. Menús de autocad. Entidades. Características das entidades. Consulta. Utilidades. Edición. Visualización. Axudas ó dibuxo. Acotación. Sombreado. Ficheiros de intercambio. Trazado. Ordes especiais.

-Curso: Asociacionismo e cooperación.

1. Obxectivos.

Perfeccionamento da formación cooperativa como instrumento de promoción do asociacionismo no medio rural.

2. Destinatarios.

Profesores de capacitación agraria e técnicos de extensión agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes que imparten ensinanzas de formación cooperativa.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a aquelas persoas que, sendo profesores de capacitación agraria ou técnicos de extensión agraria, estean desenvolvendo actividades de capacitación, promoción e organización de cooperativas, establecéndose a preferencia segundo o número de horas impartidas da formación cooperativa.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugares e datas: o curso impartirase na Escola de Capacitación Agraria de Sergude (Boqueixón-A Coruña), do 22 ó 26 de setembro de 1997.

4.3. Horarios: de luns a xoves, de 10 a 14 horas, e de 16 a 19 horas e venres, de 10 a 14 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 12 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, serán presentadas no rexistro xeral dela, ou calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Análise histórica do coopeerativismo: o cooperativismo na UE, España e Galicia. O movemento asociativo como solución ós problemas agroalimentarios. Tipos de sociedades: diferencias e lexislación aplicable. Os principios cooperativos e análise das causas de fracaso das cooperativas. A cooperativa como sociedade e como empresa; organigrama. Réxime económico e fiscalidade das cooperativas. Análise da necesidade e xustificación da integridade das cooperativas agrarias.

-Curso: Identificación, avaliación e prevención de danos causados pola fauna silvestre.

1. Obxectivos.

Adquisición polos participantes dos coñecementos necesarios para identificar, avaliar e preve-los danos causados polas distintas especies de fauna silvestre.

2. Destinatarios.

Técnicos e axentes forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3. Criterios de selección.

A selección virá determinada pola directa implicación dos participantes na avaliación e prevención dos danos producidos pola fauna silvestre.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: o curso celebrarase no recinto feiral de Silleda, os días 7, 8, 14 e 15 de outubro de 1997.

4.3. Horarios: de 9 a 15 horas.

4.4. Número de prazas: 20.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 26 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixidas á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, serán presentadas no rexistro xeral dela, ou calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuizo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Danos causados por animais silvestres (cervo, corzo, xabaríl, cabra montés, rebezo,...). Danos causados por animais carnívoros (oso, lobo e raposo). Danos causados por outras especies cinexéticas. Danos causados por outras especies non cinexéticas.

-Curso: Dereito e lexislación de menores (3 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-la lexislación actual sobre menores e a súa relevancia para a práctica educativa nos centros.

2. Destinatarios.

Educadores de centros de menores e equipos técnicos do menor.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles educadores ou persoal técnico das delegacións provinciais e servicios centrais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que desempeñen funcións de

atención directa a menores nos centros e que teñan a condición de persoal laboral fixo. Dentro deste último aspecto, será determinante o maior número de anos ó servicio da Administración autónomica no ámbito de menores.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas cada edición.

4.2. Lugar e datas: os cursos celebraranse na EGAP nas seguintes datas: 1ª edición: 24 e 25 de novembro; 2ª edición: 1 e 2 de decembro; 3ª edición: 9 e 10 de decembro.

4.3. Horarios: 1º día: de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas; 2º día: de 9 a 14 horas.

4.4. Número de prazas: 25 por cada unha das edicións.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 8 de novembro.

5.2. As solicitudes dirixiranse ó Servicio de Menores da Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Marco legal da intervención de menores. Factores que inciden na praxe educativa e organizativa dos centros de menores.

-Curso: Xestión de persoal docente.

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios do curso nos aspectos técnico, organizativo, procedemental, xurídico, práctico da xestión do persoal docente.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós servicios de xestión de persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Criterios de selección.

Ter relación directa co contido do curso, así como destino nos servicios de xestión de persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no marco xeral establecido pola Resolución do 27-6-1997 da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994)

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas: celebraráse en Santiago de Compostela, do 20 ó 30 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 30.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro.

5.2. A correspondente documentación dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e presentarase no rexistro xeral desa consellería, nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Clases de persoal ó servicio das administracións públicas. O persoal docente e a súa especificidade. Acceso. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas. Retribucións. Execución orzamentaria na xestión de persoal. Xestión da nómina. Xestión da Seguridade Social. Dereitos e deberes. Outras cuestións.

-Curso: II Curso básico de formación administrativa de funcionarios da escala de confrarías (3 edicións).

1. Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo a formación do persoal da escala de confraría de pescadores de Galicia nas áreas correspondentes á informática de xestión, á contabilidade e á fiscalidade.

2. Destinatarios.

Funcionarios da escala de confrarías de pescadores dos grupos A, B, C e D, que desenvolvan cometidos de xestión na confraría na que estean destinados.

3. Criterios de selección:

a) A inclusión do solicitante en cada un dos cursos convocados virá determinada polo criterio xeográfico, en relación co destino do funcionario, con base na seguinte distribución dos tres cursos:

-Ferrol: inclúe as 21 confrarías comprendidas dende Ribadeo e A Coruña.

-Santiago de Compostela: inclúe as 21 confrarías comprendidas entre Caión e Rianxo.

-Vigo: inclúe as 21 confrarías comprendidas entre Carril e A Guarda.

b)

b.1 Segundo as solicitudes recibidas aplicarase o criterio de que estean representadas no curso o maior número de confrarías posibles.

b.2 Malia o anterior, será criterio preferente que a confraría onde preste o servicio o funcionario participe na implantación do programa integrado de xes-

tión patrocinado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou que a confraría teña implantado un semellante que dea como resultado o cumprimento do disposto no artigo 11 da Lei 9/1988, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

b.3 En caso de necesidade terase en conta como criterio selectivo a antigüidade.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 64 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, do 15 de setembro ó 15 de decembro; Ferrol, do 15 de setembro ó 15 de decembro; Vigo, do 15 de setembro ó 15 de decembro. Os lugares concretos de celebración daranse a coñecer no momento da publicación das listas de admitidos a cada curso.

4.3. Horarios: o módulo de informática de xestión desenvolverase en xornada de tarde en sete sesións de luns a venres. As sesións serán continuadas e de catro horas cada unha, cun horario de 16.30 as 18.30 horas. O módulo de contabilidade e fiscalidade terá lugar en xornada de mañá ó longo de nove sábados, cun horario de 10 a 14 horas.

4.4. Número de prazas: 20 por edición.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de agosto.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, nº 5-2º. Santiago de Compostela e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería de Pesca ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Informática de xestión: Windows, tratamento de textos Word, folla de cálculo Excel, base de datos Access. Contabilidade e fiscalidade: plan de contabilidade das confrarías de pescadores de Galicia, fiscalidade, taxas que gravan a actividade pesqueira e a súa comercialización.

-Curso: Control da emisión e inmisión atmosférica.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal do Laboratorio de Medio Ambiente Industrial de Galicia (LMAIG) na materia obxecto do curso.

2. Destinatarios.

Persoal técnico e analistas do LMAIG.

3. Criterios de selección.

A selección virá determinada pola relación directa do posto de traballo co contido do curso, no marco

xeral establecido pola resolución da EGAP, do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 28 horas.

4.2. Lugar e datas: A Coruña, ó longo do mes de outubro.

4.3. Horario: de 16 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 20.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 20 de setembro.

5.2. As solicitudes serán presentadas no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Conceptos básicos de inmisión, emisión e difusión de contaminantes. Métodos de medición de emisións atmosféricas. Métodos de medición de inmisión. Novas tendencias no control da contaminación. Práctica.

-Curso: Informática básica para usuarios do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (20 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre os conceptos básicos en materia de informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que acreditará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería de Presidencia e Administración Pública segundo a lista de usuarios activos no sistema a 30 de xuño de 1997. No caso de que nunha provincia/servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas, unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 1997 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario xunto co seu nome.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 20 (4 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 4 edicións para os de servicios centrais).

As datas serán as seguintes en función do lugar de celebración:

-A Coruña, Santiago e Pontevedra: 1ª edición: do 8 ó 12 setembro; 2ª edición: do 15 ó 19 de setembro; 3ª edición: do 22 ó 26 de setembro; 4ª edición: do 29 de setembro ó 3 de outubro.

-Lugo e Ourense: 1ª edición: do 15 ó 19 de setembro; 2ª edición: do 22 ó 26 de setembro; 3ª edición: do 29 de setembro ó 3 de outubro; 4ª edición: do 6 ó 10 de outubro.

4.3. Horario: de 16.30 a 19.30 horas.

4.4. Número de prazas: 10 por edición.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 3 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no Rexistro da Presidencia, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos; sistema operativo MS-DOS e Windows.

-Curso: Perfeccionamento do persoal usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (19 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas Oficinas de Información

e Atención ó Cidadán, circunstancias que serán verificadas pola Consellería da Presidencia e Administración Pública de acordo coa lista de usuarios activos no sistema pechada o 12 de setembro de 1997.

No caso de que nunha localidade de celebración dos cursos o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios selectivos, que se aplicarán coa seguinte orde de prioridade:

1º Usuarios finais do SXPA; dentro destes, terán prioridade os usuarios que non participasen nas edicións dos presentes cursos celebrados en 1995 e 1996.

En todo caso, terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas oficinas incluídas no programa Servicio de Resposta Inmediata (SERI).

2º Persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán.

No suposto de que nalgún dos apartados anteriores se presenten casos de igualdade, terán preferencia os máis antigos na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal do que depende o solicitante.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas:

a) Santiago de Compostela (3 edicións): 1º edición: do 6 ó 10 de outubro; 2º edición: do 20 ó 24 de outubro; 3º edición: do 3 ó 7 de novembro.

b) A Coruña (5 edicións): 1º edición: do 6 ó 10 de outubro; 2º edición: do 20 ó 24 de outubro; 3º edición: do 3 ó 7 de novembro; 4º edición: do 17 ó 21 de novembro; 5º edición: do 1 ó 5 de decembro.

c) Lugo (3 edicións): 1º edición: do 13 ó 17 de outubro; 2º edición: do 27 ó 31 de outubro; 3º edición: do 10 ó 14 de novembro.

d) Ourense (3 edicións): 1º edición: do 13 ó 17 de outubro; 2º edición: do 27 ó 31 de outubro; 3º edición: do 10 ó 14 de novembro.

e) Pontevedra (5 edicións): 1º edición: do 6 ó 10 de outubro; 2º edición: do 20 ó 24 de outubro; 3º edición: do 3 ó 7 de novembro; 4º edición: do 17 ó 21 de novembro; 5º edición: do 1 ó 5 de decembro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 18.30 horas.

4.4. Número de prazas: 20 por edición.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 16 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, ou ás respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a localidade

de celebración do curso que se solicita, podéndose presentar en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Introducción e definición do SXPA dentro do Programa da Reforma da Administración da Xunta de Galicia. Módulo de rexistro. Módulo de tramitación. Módulo de información e seguimento. Módulo de seguridade. O Sistema de Xestión de Subvencións. Lotus Notes.

-Curso: Comunicación, contención e afrontamento no campo da xerontoloxía (4 edicións).

1. Obxectivos.

Desenvolvemento das actividades que faciliten unha correcta relación de axuda ó ancián e á súa familia, así como presentación de situacións que permitan conter e afronta-los problemas que poidan xurdir en relación cos anciáns, as súas familias e o resto dos profesionais.

2. Destinatarios.

Persoal das residencias da 3º idade, fogares e centros de Servicios Sociais da Xunta de Galicia, que non participaran en edicións anteriores do curso.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade, dándolles preferencia ás categorías de atención directa ó ancián e ás categorías superiores de cada área e en función dos efectivos e necesidades de cada centro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas:

-Oleiros (Residencia asistida da 3º idade): do 20 ó 24 de outubro; -Lugo (Residencia da 3º idade As Gándaras): do 27 ó 31 de outubro; -Ourense (Residencia da 3º idade Nº Srº dos Milagres): do 3 ó 7 de novembro; -Vigo (Residencia asistida da 3º idade): do 10 ó 14 de novembro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Número de prazas: 20 por edición.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 11 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro s/n. Santiago de Compostela e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novem-

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Principios da comunicación verbal e non verbal. Obstáculos á comunicación. Principios básicos da relación de axuda. (Congruencia, aceptación, empatía). Capacidade de contención. Utilización da identificación proxectiva.

-Curso: A avaliación da minusvalidez como acto administrativo. Procedemento.

1. Obxectivos.

Formación sobre os aspectos xurídicos, procedementais e formais da actividade administrativa de avaliación da minusvalidez, así como a unificación de criterios neste campo.

2. Destinatarios.

Membros dos equipos de avaliación da minusvalidez (AVO) dos Servicios Sociais da Xunta de Galicia, que non participaran en edicións anteriores do curso.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (EGAP): o 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios: De 10 a 14.30 horas, e de 16 a 19 horas.

4.4. Número de prazas: 20.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 11 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro s/n. Santiago de Compostela, e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

O dictame do EVO como acto administrativo: concepto, natureza, procedemento e efectos.- Aspectos que precisan de actuación uniforme.

-Curso: Os centros de servicios sociais no contexto dos servicios sociais de atención primaria.

1. Obxectivos.

Aportar coñecementos teórico-prácticos sobre os distintos niveis de atención primaria e especializada (presentación programas recursos usuarios) e propicia-la discusión e reflexión arredor do papel dos centros de servicios sociais no contorno comunitario, cara á programación e planificación dos servicios.

2. Destinatarios.

Directores dos centros de servicios sociais e dos fogares da 3ª idade da Xunta de Galicia, que non participasen en edicións anteriores.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela (EGAP): os días 22, 23 e 24 de outubro.

4.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16 a 18.30 horas.

4.4. Número de prazas: 20.

5. Solicitudes:

5.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 11 de setembro.

5.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro s/n. Santiago de Compostela e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/92 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. Contido básico:

Deseño e xestión de programas-proxectos de servicios sociais. Intervención comunitaria a nivel individual, grupal (sectores e grupos), e de comunidade (desenvolvemento comunitario). Participación da comunidade: implicación do voluntariado.

6020