Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se convoca un curso básico de capacitación para mandos de policía local.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de capacitación para mandos de policía local, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los mandos da policía local, nas distintas categorías, dos coñecementos necesarios para o mellor desempeño do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós mandos de policía local que accederon ás distintas categorías, tanto por oposición libre como por promoción interna, dos distintos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta antes do 21 de outubro de 1997 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitirlle un escrito á Academia Galega de Seguridade, no que soliciten a participación no curso, no que figure a lista de persoas que superaron as correspondentes probas de oposición ou a fase de concurso e os datos das persoas incluídas na lista referidos ás probas de oposición ou fase de concurso; para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 21 de outubro de 1997.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: rúa Madrid, 2-4 polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

Contido e duración.

O curso desenvolverase en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outros os seguintes módulos:

-Misión e funcións policiais.

-Policía e sociedade galega.

-Policía de protección e seguridade.

-Policía de tráfico e transporte.

-Policía xudicial e de investigación.

-Policía administrativa.

-Área de reforzo.

O curso terá unha duración de tres meses de formación teórica.

Datas.

O curso comezará o vindeiro día 4 de novembro de 1997.

O horario será de 9.30 a 20 horas.

Desenvolvemento do curso.

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade durante o seu período de permanencia nela rexeranse polo Regulamento de réxime interior desta, publicado no DOG do 28-7-1995, nº 144.

Certificado.

Para obte-lo correspondente diploma será requisito indispensable superar tódalas materias que figuren no programa.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento normal do curso para adap

talo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

6058