Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 17 de xuño de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Benito número 3.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Benito nº 3.

Cultivo: mexillón (M. gallo provincialis).

Localización: cuadrícula nº 190, Cambados F.

Data da concesión : 23-5-1969.

Data do remate da última prórroga : 25-5-1999.

Anterior concesionario: Romero Romero, Mª Carmen (35.469.075) e Romero Romero, Ana-Isabel (35.467.622).

Novo titular concesión: Romero Romero, Ana-Isabel (35.467.622).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións

legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 17 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial Vigo

5746