Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación das obras de reforma da planta primeira da residencia da terceira idade das Gándaras para asistidos.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondientes, resolveu anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 48/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforma da planta primeira da residencia da terceira idade As Gándaras, de Lugo, para asistidos.

b) División por lotes e número: non

c) Lugar de execución: residencia da terceira idade As Gándaras de Lugo.

d) Prazo de execución: sete (7) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación ordinaria

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: sesenta e sete millóns setecentas catorce mil novecentas trinta e dúas (67.714.932) pesetas.

5. Garantías.

Provisional: un millón trescentas cincuenta e catro mil duascentas noventa e nove (1.354.299) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: (982) 29 41 01.

e) Telefax: (982) 29 40 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos de contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría D.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: corenta e cinco (45) días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persona que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade Servicios Sociais.

b) Enderezo: rúa Montevideo, 9.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, a mesma hora.

e) Hora: a partir das 9.30 horas.

10. Outras informacións.

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e o nome do licitador.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 23 de xuño de 1997.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

5745